Preto de 300 persoas participan nas actividades de ‘Tempo de lecer’ en Mos

 cursomos2

Un total de 285 persoas son as que están a participar da segunda etapa de cursos incluídos no programa ‘Tempo de lecer’, organizado pola concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro. Continuar lendo ‘Preto de 300 persoas participan nas actividades de ‘Tempo de lecer’ en Mos’

Enrique Cabaleiro elixido novo membro da Executiva Provincial do PSdeG

enrique cabaleiro

O Secretario Xeral da Agrupación Local do PSdG-PSOE de Salceda de Caselas e Concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Enrique Cabaleiro González, resultou elexido como novo membro da recén creada Executiva Provincial do partido en Pontevedra,  no Congreso celebrado o pasado sábado 3 de Outubro. Continuar lendo ‘Enrique Cabaleiro elixido novo membro da Executiva Provincial do PSdeG’

A Peneira do Val Miñor recibe o VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro

valmiñor

:: O Premio de Xornalismo Nano Cambeiro  foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos e foi concecido, noutras edicións, a persoeiros da relevancia de Francisco Fernández del Riego ou Xosé  Luís Méndez Ferrín ::

Na reunión ordinaria do pasado 22 de setembro a Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos acordou por unanimidade conceder, nesta sétima edición, o premio ao suplemento mensual’A Peneira do Val Miñor’ do xornal ‘A Peneira’ tanto polo seu esforzo na difusión e análise da realidade miñorana realizado ao longo destes dous últimos anos, como por incardinarse na iniciativa xornalista do xornal’O Miñor’ que impulsou Nano Cambeiro, unha das mellores mostras de prensa local que houbo no país. Agora o esforzo da empresa editora de ‘A Peneira’ ven a retomar e a continuar o labor que Nano Cambeiro iniciara. Continuar lendo ‘A Peneira do Val Miñor recibe o VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro’

Festa dos Callos do Porriño (e n i m a x e s)

callos0036

Continuar lendo ‘Festa dos Callos do Porriño (e n i m a x e s)’

Salceda conta cun plan de prevención de incendios forestais

incendiossalceda

O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada asinou o contrato para a Redacción do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais que vai ser cofinanciado polo propio Concello e a Consellería de Medio Rural mediante un convenio de colaboración. Continuar lendo ‘Salceda conta cun plan de prevención de incendios forestais’

O Concello de Mos pon en marcha o ‘Plan Concilia’

planconcilia

 :: Axudar a que os pais dos escolares mosenses poidan conciliar as súas vidas familiar e laborar é a finalidade das dúas medidas adoitadas pola concellería de Educación, que se atopan enmarcadas dentro do Plan Concilia ::

 O Concello de Mos pon en marcha o Plan Concilia, que engloba unha importante subvención para o servizo de comedor escolar nos centros públicos e a instauración do Plan Madruga. Onte pola mañá asinouse no Concello de Mos un convenio coa Agrupación de ANPAS dos centros públicos do municipio para subvencionar o servizo de comedor escolar durante o curso 2009-2010.

Continuar lendo ‘O Concello de Mos pon en marcha o ‘Plan Concilia’’

Presentouse o programa Compostaxe Caseira no Porriño

compostaxe0035

O acto de presentación contou coa presenza da concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso; e con persoal técnico responsable do programa O Concello do Porriño organiza este programa en colaboración coa Asociación Ecolóxica en Defensa de Galiza (ADEGA) Continuar lendo ‘Presentouse o programa Compostaxe Caseira no Porriño’

Continúa aberto o III Concurso Fotográfico “As Festas do Cristo”

XERACIÓNS

Esta fin de semana aínda hai festas, as coñecidas popularmente como as do “Recristo”.  Aqueles que o desexen poden sair á rúa coa súa cámara de fotos para participar no III Concurso Fotográfico “As Festas do Cristo” organizado polo Arquivo Municipal da Imaxe do Concello do Porriño. Continuar lendo ‘Continúa aberto o III Concurso Fotográfico “As Festas do Cristo”’

O Porriño celebra a XVI edición da Festa dos Callos o vindeiro domingo

festa_callos0092

A presentación desta XVI edición da Festa dos Callos do Porriño tivo lugar na mañá de hoxe na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, contando coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés; do concelleiro de Festexos do Concello Do Porriño, Marcos Rodríguez Novás; do conselleiro delegado da empresa Frigolouro, Javier Briones; do Alcalde do viciño concello de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e da súa concelleira de Cultura, Teresa Pérez, que veñen de celebrar tamén a súa Festa dos Callos; e do pregoeiro da festa, Joaquin Diz “Cuquín”. Continuar lendo ‘O Porriño celebra a XVI edición da Festa dos Callos o vindeiro domingo’

Comezan as obras de ampliación da estrada Cerquido-Regueiro en Budiño-Salceda

OBRAS PISTA BUDIÑO 062

A empresa adxudicataria, Pérez Portela S.L. comezou as obras de acondicionamento e ampliación da estrada que une os barrios de Cerquido e Regueiro na parroquia de Budiño incluídas no Fondo Estatal de Inversión Local polo Concello de Salceda de Caselas. Este proxecto conta cun orzamento de 70.000 € que serán destinados ó ensanche da citada estrada. Concretamente dentro deste orzamento prevense desbroces, movemento de terras, contención de terras, tubarias, etc. Continuar lendo ‘Comezan as obras de ampliación da estrada Cerquido-Regueiro en Budiño-Salceda’