A Peneira do Val Miñor recibe o VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro

valmiñor

:: O Premio de Xornalismo Nano Cambeiro  foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos e foi concecido, noutras edicións, a persoeiros da relevancia de Francisco Fernández del Riego ou Xosé  Luís Méndez Ferrín ::

Na reunión ordinaria do pasado 22 de setembro a Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos acordou por unanimidade conceder, nesta sétima edición, o premio ao suplemento mensual’A Peneira do Val Miñor’ do xornal ‘A Peneira’ tanto polo seu esforzo na difusión e análise da realidade miñorana realizado ao longo destes dous últimos anos, como por incardinarse na iniciativa xornalista do xornal’O Miñor’ que impulsou Nano Cambeiro, unha das mellores mostras de prensa local que houbo no país. Agora o esforzo da empresa editora de ‘A Peneira’ ven a retomar e a continuar o labor que Nano Cambeiro iniciara.

Así mesmo a Xunta de Goberno do IEM transmitiu os seus parabéns ao fundador e director da ‘Peneira’, Guillermo Rodríguez, tanto pola iniciativa premiada como pola conmemoración dos 25 aniversario do periódico quincenal que, en palabras de Méndez Ferrín, quen recibiu o primeiro premio Nano Cambeiro é: “O periódico sobre territorios históricos de Turonio, como son O Condado, O Val do Louro ou Louriña, O Val Miñor, O baixo Miño, e extende o tentáculo dunhas páxinas en portugués á rexión minhota”

O premio, sen dotación económica, consiste nunha peza de bronce obra do escultor e membro do Instituto de Estudos Miñoranos FERNANDO CASÁS, que se funde para entregar en cada convocatoria. A obra escultórica será entregada ao premiado nun acto público a realizar nos meses vindeiros.

Nas edicións anteriores o premio recaeu en Xosé Luís Méndez Ferrín, Francisco Fernández del Riego, David Reinero González, na web www.valminor.info, dirixida por Pedro Telmo Rodríguez Castro, na web www.Salvemosmonteferro.org, realizada polos irmáns Xosé e Anxo Reigosa Solleiro e no conxunto de relatos ‘O Cruceiro de San Campio’ dos que é autor Antonio Valverde.

A Xunta de Goberno do IEM acordou tamén convocar o Oitavo Premio de Xornalismo “Nano Cambeiro” para artigos publicados ao longo do ano 2009.
 

Advertisement

0 Respostas to “A Peneira do Val Miñor recibe o VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s





A %d blogueros les gusta esto: