
:: O Premio de Xornalismo Nano Cambeiro foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos e foi concecido, noutras edicións, a persoeiros da relevancia de Francisco Fernández del Riego ou Xosé Luís Méndez Ferrín ::
Na reunión ordinaria do pasado 22 de setembro a Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos acordou por unanimidade conceder, nesta sétima edición, o premio ao suplemento mensual’A Peneira do Val Miñor’ do xornal ‘A Peneira’ tanto polo seu esforzo na difusión e análise da realidade miñorana realizado ao longo destes dous últimos anos, como por incardinarse na iniciativa xornalista do xornal’O Miñor’ que impulsou Nano Cambeiro, unha das mellores mostras de prensa local que houbo no país. Agora o esforzo da empresa editora de ‘A Peneira’ ven a retomar e a continuar o labor que Nano Cambeiro iniciara. Continuar lendo ‘A Peneira do Val Miñor recibe o VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro’