O Secretario Xeral da Agrupación Local do PSdG-PSOE de Salceda de Caselas e Concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Enrique Cabaleiro González, resultou elexido como novo membro da recén creada Executiva Provincial do partido en Pontevedra, no Congreso celebrado o pasado sábado 3 de Outubro. Continuar lendo ‘Enrique Cabaleiro elixido novo membro da Executiva Provincial do PSdeG’
Archive for the 'Salceda de Caselas' Category
Enrique Cabaleiro elixido novo membro da Executiva Provincial do PSdeG
Published 5 Outubro 2009 Salceda de Caselas Leave a CommentSalceda conta cun plan de prevención de incendios forestais
Published 5 Outubro 2009 Salceda de Caselas Leave a CommentO Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada asinou o contrato para a Redacción do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais que vai ser cofinanciado polo propio Concello e a Consellería de Medio Rural mediante un convenio de colaboración. Continuar lendo ‘Salceda conta cun plan de prevención de incendios forestais’
Comezan as obras de ampliación da estrada Cerquido-Regueiro en Budiño-Salceda
Published 29 Setembro 2009 Salceda de Caselas Leave a CommentA empresa adxudicataria, Pérez Portela S.L. comezou as obras de acondicionamento e ampliación da estrada que une os barrios de Cerquido e Regueiro na parroquia de Budiño incluídas no Fondo Estatal de Inversión Local polo Concello de Salceda de Caselas. Este proxecto conta cun orzamento de 70.000 € que serán destinados ó ensanche da citada estrada. Concretamente dentro deste orzamento prevense desbroces, movemento de terras, contención de terras, tubarias, etc. Continuar lendo ‘Comezan as obras de ampliación da estrada Cerquido-Regueiro en Budiño-Salceda’
Unha nova edición do Outono de teatro chega ao Auditorio Municipal de Salceda de Caselas. Organizado pola Asociación Artística Atrezo coa colaboración da Concellaría de Cultura de Salceda de Caselas e o patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, este ciclo traerá cinco espectáculos a Salceda de Caselas, ademáis de contar coa presenza da Aula Municipal de Teatro do Concello. Continuar lendo ‘Chega a Salceda o ‘Outono de teatro’’
Salceda prepara 15.000 racións de callos para o vindeiro domingo
Published 2 Setembro 2009 Salceda de Caselas Leave a CommentO Concello de Salceda de Caselas ven de presentar a XVII edición da Festa dos Callos, que se celebrará o vindeiro 6 de setembro. Na presentación, a demáis de Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, e Marcos Besada, alcalde de Salceda,como ven sendo habitual estiveron tamén presentes o alcalde e o concelleiro do Porriño, Raúl Francés e Marcos Rodríguez, así como representantes da firma Frigolouro Continuar lendo ‘Salceda prepara 15.000 racións de callos para o vindeiro domingo’
Salceda acolle o V Curso Internacional Semana Musical do 3 ao 8 de agosto
Published 27 Xullo 2009 Salceda de Caselas Leave a CommentPresentouse no Concello de Salceda de Caselas o V Curso Internacional Semana Musical, organizado pola Asociación Amigos da Música e pola Banda Cultural de Salceda. No acto de presentación estiveron presentes o alcalde de Salceda, Marcos Besada, a Concelleira de Cultura, Teresa Pérez, e o secretario da Asociación Amigos da Música, Santiago Lorenzo. Continuar lendo ‘Salceda acolle o V Curso Internacional Semana Musical do 3 ao 8 de agosto’
Luis Piña destacou as inversións do Goberno Central en Salceda
Published 24 Xullo 2009 Salceda de Caselas 1 Comment:: O deputado socialista no Congreso dixo que os cartos investidos no municipio en 2009 ascenden a un millón trescentos mil euros ::
A executiva do PSdeG-PSOE do municipio pontevedrés de Salceda de Caselas reuniuse en sesión extraordinaria para facer balance do segundo ano do pacto de goberno municipal co B.N.G. en Salceda de Caselas, y en concreto, da xestión das súas áreas de goberno: Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Ensino e Emprego. Continuar lendo ‘Luis Piña destacou as inversións do Goberno Central en Salceda’
O Concelleiro de Tráfico, Martín Iglesias, informa de que a partires do martes, día 21 de xullo, comezará a posta en marcha da Zona Azul de Salceda de Caselas. Continuar lendo ‘Implántase a zona azul en Salceda’
Comezan as obras na rúa DR. Zunzunegui de Salceda
Published 19 Maio 2009 Salceda de Caselas Leave a CommentO proxecto de “Humanización da Rúa Dr. Zunzunegui”, do Concello de Salceda de Caselas está empezando a coller forma co inicio das obras na citada rúa. Este primeiro proxecto de humanización está financiado pola Consellería de Innovación e Industria nun 70% e polo Concello no restante 30%. En total a actuación conta cun orzamento de 300.000 €. Continuar lendo ‘Comezan as obras na rúa DR. Zunzunegui de Salceda’
Salceda activa un novo plan de tráfico para axilizar a circulación no centro urbano
Published 13 Maio 2009 Salceda de Caselas Leave a CommentA concellaría de Tráfico do Concello de Salceda de Caselas comenzou a aplicar a primeira fase do novo plan de tráfico que será fundamental para axilizar a circulación nas rúas máis centricas e mellorará a acesibilidade de turismos, habilitando zonas de carga e descarga, zona azul e rúas de dirección única. Continuar lendo ‘Salceda activa un novo plan de tráfico para axilizar a circulación no centro urbano’