Implántase a zona azul en Salceda

INICIO OBRAS 003

O Concelleiro de Tráfico, Martín Iglesias, informa de que a partires do martes, día 21 de xullo, comezará a posta en marcha da Zona Azul de Salceda de Caselas.

 O procedemento para por en marcha este sistema contará de dúas fases: unha primeira de 15 días, onde a Policía Local notificará as irregularidades mediante un sistema de notas informativas e unha segunda onde xa se procederá á sanción correspondente.

 Os dicos-reloxos estarán a disposición dos usuarios nas dependencias da Policía Local e nos comercios do entorno das rúas onde está implantada a Zona Azul, sendo válidos tamén os discos de outros concellos que teñan o mesmo tempo de aparcamento.

 O funcionamento destas zonas consiste en que os ususrios só poderán aparcar o seu vehiculo por un tempo máximo de 1,5 horas, tendo a obriga de cambiar de rúa ou aparcar en zona non azul ó pasar o tempo establecido. Os dicapacitado/as disporán de vantaxes, xa que terán o dobre de tempo, 3 horas, dada a súa especial condición.

 Marcos Besada, Alcalde de Salceda salienta que “a zona azul está a funcionar ben noutros Concellos e é por iso polo que se tomou a inciativa en Salceda”. “A proba máis salientable de que vai funcionar é que outros comercios da vila xa pediron que se instalara a zona azul nas súas zonas”

 

Advertisements

0 Responses to “Implántase a zona azul en Salceda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: