Comezan as obras na rúa DR. Zunzunegui de Salceda

INICIO OBRAS 009

O proxecto de “Humanización da Rúa Dr. Zunzunegui”, do Concello de Salceda de Caselas está empezando a coller forma co inicio das obras na citada rúa. Este primeiro proxecto de humanización está financiado pola Consellería de Innovación e Industria nun 70% e polo Concello no restante 30%. En total a actuación conta cun orzamento de 300.000 €.

A humanización que está executando a empresa Construcciones Vale, supón a recuperación da Rúa Dr. Zunzunegui para os viandantes e a ampliación da actual Praza do Concello nun total de 1.500 m2., un 43% máis da actual superficie.

As obras contemplan a pavimentación con granito Gris-Mondaríz de 1.500 m2, bancadas aproveitando o granito dos actuais bancos que pechan a praza actual e que resaltarán a presenza dos árbores existentes, un punto de fuga que unirá o vello Concello co novo Concello, un novo parque infantil na entrada principal do Auditorio Municipal, abrindo un espazo que na actualidade se atopa abandonado e pechado, e tamén se instalará nova iluminación e mobiliario urbano acorde coa nova imaxe da zona. Ademáis tamén se colocarán todas aquelas tuberías e conductos para os cableados eléctricos, telefónicos, de saneamento e de abastecemento de auga.

Un dos obxectivos fundamentais é convertir a zona nun lugar máis amplo para o lecer e o esparcemento dos cidadáns e transformar a nova Praza do Concello no punto de refencia de ocio e actividades culturais da vila ademáis de favorecer o comercio e a restauración.

Marcos Besada, alcalde de Salceda, comenta que este proxecto vai a dar un valor engadido tanto os veciños como os comerciantes da zona, que quedarán na zona máis privilexiada de Salceda. Por outra banda recalca que se intentarán coordinar os traballos, de forma que as molestias sexan as mínimas posibles para estes mentres duren as obras.

Advertisements

0 Responses to “Comezan as obras na rúa DR. Zunzunegui de Salceda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: