Comezan as obras de ampliación da estrada Cerquido-Regueiro en Budiño-Salceda

OBRAS PISTA BUDIÑO 062

A empresa adxudicataria, Pérez Portela S.L. comezou as obras de acondicionamento e ampliación da estrada que une os barrios de Cerquido e Regueiro na parroquia de Budiño incluídas no Fondo Estatal de Inversión Local polo Concello de Salceda de Caselas. Este proxecto conta cun orzamento de 70.000 € que serán destinados ó ensanche da citada estrada. Concretamente dentro deste orzamento prevense desbroces, movemento de terras, contención de terras, tubarias, etc.

A pavimentación da zona ensanchada está contemplada no PPC da Deputación Provincial contando cun orzamento de 30.000 €. As obras afectan a máis de 30 propietarios que voluntariamente cederon parte dos seus terreos para que a estrada quede cun ancho de entre 7 e 8 metros. As obras inclúen un muro de contención de 120 metros, o desprazamento dun xa existente de 40 metros e ademais retranqueouse o muro da Escola Unitaria de Budiño.

Por outra banda contemplase realizar catro rampas de acceso a fincas, 260 metros de canalización que melloraran a recollida de pluviais, os accesos as leiras e o regadío dos campos, o desprazamento de liñas eléctricas, de alumeado público e telefónicas. Aproveitarase tamén para a limpeza de cunetas e instalación de sumidoiros. O Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez salienta o complicado destas obras xa que é un número de parcelas afectadas cunha serie de problemas “históricos” pendentes de solucionar.

“Estamos en permanente contacto cos veciños e veciñas para que non xerar problemas e solucionar os que hai, tanto de accesos, regadíos, servidumes de paso e calquera outro que se poida producir” Marcos Besada, alcalde de Salceda, agradece ós propietarios das numerosas parcelas afectadas a cesión dos terreos precisos para esta obra e que se poida levar a cabo este proxecto, que considera importante para esta zona, á mais industrializada do concello, xa que vertebra o territorio e comunica unha parroquia aillada historicamente. “Por outro lado os veciños e veciñas da zona vanse ver favorecidos ó aumentar de valor as súas parcelas ó ter unha mellor vía de acceso.”

Advertisement

0 Respostas to “Comezan as obras de ampliación da estrada Cerquido-Regueiro en Budiño-Salceda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s





A %d blogueros les gusta esto: