Salceda activa un novo plan de tráfico para axilizar a circulación no centro urbano

planosalceda

A concellaría de Tráfico do Concello de Salceda de Caselas comenzou a aplicar a primeira fase do novo plan de tráfico que será fundamental para axilizar a circulación nas rúas máis centricas e mellorará a acesibilidade de turismos, habilitando zonas de carga e descarga, zona azul e rúas de dirección única.

Concretamente, nesta primeira fase, as rúas Arxentina e Brasil cambiaron de sentido, co obxetivo de facilitar a saida do centro urbán e facilitar o acceso ós aparcamentos dos edificios e a rúa Joaquín Fernández Sestelo pasou a ser de sentido único hacia o centro urbán para evitar atascos. O concelleiro de Tráfico, Martín Iglesias quere deixar claro que “a policia local ten ordes expresas de que durante as primeiras semanas faga unha labor de información e solución de posibles problemas que se poidan presentar nestas rúas.”

Por outra banda tamén se está a proceder á mellora da sinalización vertical en todo o centro urbán e o repintado do pavimento co obxetivo de gañar prazas de aparcamento, sinalizar a zona azul, que se porá en marcha nas próximas semanas, regular e ordenar a carga e descarga e facilitar a circulación para o acceso os barrios de Santa María de Salceda.

Veciñanza, compradores e comerciantes están a beneficiarse das máis de 350 prazas de aparcamento dispoñibles dende hai un meses na propia Rúa Dr. Zunzunegui e na Rúa Victoriano Pérez Vidal. Isto fará que os comumidores poidan acercarse á praza dunha forma rápida e comoda para facer as súas compras ademáis de facer as xestións no Concello, na futura Casa da Cultura e nas entidades financieiras próximas.

Marcos Besada, alcalde de Salceda, informa que o obxetivo é facilitar a mobilidade dos vehiculos pero sen olvidar ós peatóns, que se serán os protagonistas coa ampliación de beirarúas que se está proxectando.

Advertisements

0 Responses to “Salceda activa un novo plan de tráfico para axilizar a circulación no centro urbano”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: