Luis Piña destacou as inversións do Goberno Central en Salceda

Piña

:: O deputado socialista no Congreso dixo que os cartos investidos no municipio en 2009 ascenden a un millón trescentos mil euros ::

A executiva do PSdeG-PSOE do municipio pontevedrés de Salceda de Caselas reuniuse en sesión extraordinaria para facer balance do segundo ano do pacto de goberno municipal co B.N.G. en Salceda de Caselas, y en concreto, da xestión das súas áreas de goberno: Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Ensino e Emprego. 

Os socialistas de Salceda contaron nesta ocasión coa presenza do Deputado no Parlamento español pola provincia de Pontevedra Luís Piña, o cal quixo estar presente na citada xuntanza para mostrar o seu  apoio a agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Salceda, así como tamén a labor levada a cabo durante estes dous anos polos Concelleiros socialistas  Enrique Cabaleiro e Marina Cabaleiro no goberno de Salceda.

 Na súa intervención Luís Piña destacou as inversións do goberno de Zapatero en Salceda, que na actualidade ascenden a un millón trescentos sesenta mil euros, e avanzou que no futuro se manterá esta liña de inversións e compromisos por parte do Goberno Central coas veciñas e veciños de Salceda, que segundo o Deputado irán orientadas a melloralas infraestruturas medioambientais e o fomento do emprego. 

Pola súa banda o Secretario Xeral dos socialistas de Salceda e Concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Enrique Cabaleiro fixo unha valoración moi positiva da xestión do goberno bipartito local de B.N.G. e PSdeG-PSOE de Salceda, na que considerou que a aportación dos socialistas ó goberno está a ser fundamental para acadar o nivel de investimentos en materia de infraestruturas máis alto da historia do Concello de Salceda, salientando que o pacto de Goberno está a gozar dunha boa saúde e que se desenvolve segundo o acordado por ámbalas dúas formacións políticas, o que considera todo un exemplo a seguir.

 

Enrique Cabaleiro tamén aproveitou a súa intervención para agradecer a Luís Piña a súa dispoñibilidade a colaborar cos socialistas de Salceda na xestión de aqueles asuntos que son prioritarios para os cidadáns de Salceda, así como os compromisos acadados polo Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero, entre os que destacou a inversión que o Ministerio de Medio Ambiente vai a facer na creación dun paseo pola ribeira do Río Caselas, inversión superior ós trescentos mil euros e que executará a Confederación Hidrográfica Miño – Sil.

 

Posteriormente a reunión, os asistentes en compañía do Deputado Luís Piña visitaron a vila, e tiveron oportunidade de intercambiar impresións cos veciños e comerciantes, así como tamén comprobaron o estado de execución  das obras de saneamento nos barrios de Outeiro, Coto e Condide en San Xurxo e no barrio de Maceira na parroquia de Parderrubias,  obras que están  financiadas dentro do “Plan E” de fomento do emprego do Goberno Zapatero e que ascenden  a douscentos cincuenta mil euros.

Advertisements

1 Response to “Luis Piña destacou as inversións do Goberno Central en Salceda”


  1. 1 o jai jai 25 Xullo 2009 ás 09:00

    Pringao.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: