Archive Page 2

Continúa aberto o III Concurso Fotográfico “As Festas do Cristo”

XERACIÓNS

Esta fin de semana aínda hai festas, as coñecidas popularmente como as do “Recristo”.  Aqueles que o desexen poden sair á rúa coa súa cámara de fotos para participar no III Concurso Fotográfico “As Festas do Cristo” organizado polo Arquivo Municipal da Imaxe do Concello do Porriño. Continuar lendo ‘Continúa aberto o III Concurso Fotográfico “As Festas do Cristo”’

O Porriño celebra a XVI edición da Festa dos Callos o vindeiro domingo

festa_callos0092

A presentación desta XVI edición da Festa dos Callos do Porriño tivo lugar na mañá de hoxe na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, contando coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés; do concelleiro de Festexos do Concello Do Porriño, Marcos Rodríguez Novás; do conselleiro delegado da empresa Frigolouro, Javier Briones; do Alcalde do viciño concello de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e da súa concelleira de Cultura, Teresa Pérez, que veñen de celebrar tamén a súa Festa dos Callos; e do pregoeiro da festa, Joaquin Diz “Cuquín”. Continuar lendo ‘O Porriño celebra a XVI edición da Festa dos Callos o vindeiro domingo’

Comezan as obras de ampliación da estrada Cerquido-Regueiro en Budiño-Salceda

OBRAS PISTA BUDIÑO 062

A empresa adxudicataria, Pérez Portela S.L. comezou as obras de acondicionamento e ampliación da estrada que une os barrios de Cerquido e Regueiro na parroquia de Budiño incluídas no Fondo Estatal de Inversión Local polo Concello de Salceda de Caselas. Este proxecto conta cun orzamento de 70.000 € que serán destinados ó ensanche da citada estrada. Concretamente dentro deste orzamento prevense desbroces, movemento de terras, contención de terras, tubarias, etc. Continuar lendo ‘Comezan as obras de ampliación da estrada Cerquido-Regueiro en Budiño-Salceda’

O BNG de Mos pide a demisión da concelleira de cultura Sandra Temes

“O goberno non está a cumplir cos veciños e non ofrece ningún tipo de alternativa cultural”, así comeza o comunicado de prensa enviado onte polos nacionalistas mosenses onde piden a demisión da concelleira de Cultura Sandra Temes. “O bagaxe cultural deste goberno é pobre, o multiusos está vacío de contido cultural. As asociacións culturais teñen que aceptar as imposicións e os criterios dunha concelleira antidialogante, as comisións de cultura convertéronse na ausencia de diálogo. Estas son algunhas das maneiras da concelleira Sandra Temes que o BNG denuncia. Xa non se pode volver atrás”, sinalan Continuar lendo ‘O BNG de Mos pide a demisión da concelleira de cultura Sandra Temes’

As antigas orquestras do Porriño no novo número da revista Malladoura

Portada_Malladoura 15

:: A publicación, que está a piques de cumprir 10 anos de vida, contén tamén neste número un artigo sobre o poeta e escritor porriñés emigrado á Arxentina Manuel Otero Saavedra, entre outros temas ::

Como vén sendo habitual coa chegada das Festas do Cristo, un novo número da revista de historia do Porriño, Malladoura, sae á rúa. A publicación, editada polo Seminario de Estudos Porriñes “Alfredo Bautista Alconero”, chega aos quioscos cun aire renovado e pensando no 2010, ano no que cumprirá 10 anos de vida. Para o ano que vén, os responsables da revista editarán un número especial con artigos asinados por colaboradores habituais, así como por aqueles que participaron na publicación durante este tempo e sinaturas do eido cultural galego que xa confirmaron a súa colaboración. Continuar lendo ‘As antigas orquestras do Porriño no novo número da revista Malladoura’

Rematan as obras de saneamento nas parroquias de Pontellas e Chenlo

chenlo_pontellas

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Vías e Obras, dirixida por Pedro Pereira, de que veñen de rematar as obras de saneamento que se estaban realizando nas parroquias de Pontellas e Chenlo. Nestes dous proxectos, financiados con cargo ao Fondo de Inversión Local para o Emprego, executáronse obras de saneamento, acometidas e mellora da capa de rodadura nos camiños veciñais dos barrios de Outeiro-Sampaio, na parroquia de Pontellas, e no camiño veciñal do Penedo – Abas, na parroquia de Chenlo. Continuar lendo ‘Rematan as obras de saneamento nas parroquias de Pontellas e Chenlo’

Chega a Salceda o ‘Outono de teatro’

CARTEL  TEATRO 2009

Unha nova edición do Outono de teatro chega ao Auditorio Municipal de Salceda de Caselas. Organizado pola Asociación Artística Atrezo coa colaboración da Concellaría de Cultura de Salceda de Caselas e o patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, este ciclo traerá cinco espectáculos a Salceda de Caselas, ademáis de contar coa presenza da Aula Municipal de Teatro do Concello. Continuar lendo ‘Chega a Salceda o ‘Outono de teatro’’