Esta fin de semana aínda hai festas, as coñecidas popularmente como as do “Recristo”. Aqueles que o desexen poden sair á rúa coa súa cámara de fotos para participar no III Concurso Fotográfico “As Festas do Cristo” organizado polo Arquivo Municipal da Imaxe do Concello do Porriño.
As fotografías teñen que versar sobre calquera aspecto relacionado coas Festas do Cristo 2009, e como son vividas polos porriñeses e porriñesas. Deben presentarse en papel fotográfico, cun tamaño de 18-20 X 24-25 cm, pegadas sobre unha cartulina negra que teña como referencia o tamaño DIN A-4. Cada participante poderá presentar até un máximo de cinco fotografías. As obras deberán ser orixinais, inéditas e non ter sido premiadas nin recoñecidas ou seleccionadas noutros certames.
Cada fotografía debe levar escrita no seu dorso un psdeudómino (que ten que ser común para todas as obras da mesma autoría), e un título. Ten que acompañar a cada fotografía un sobre pechado que levará escrito no seu exterior: III concurso fotográfico “Festas do cristo 2009”, o mesmo pseudónimo que nas obras presentadas e o título da obra. No interior do sobre debe incluirse o título da obra, nome completo de quen participa, enderezo postal, teléfono, enderezo electrónico (opcional) e fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.
O prazo de entrega remata o 16 de outubro. As persoas participantes deben entregar as súas obras no Centro Cultural Municipal, en horario de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas. Concederanse tres premios, un primeiro premio de 400 euros, un segundo premio de 200 euros, e un terceiro premio de 100 euros. Coas fotografías presentadas realizarase unha exposición nos meses de outubro e novembro no Centro Cultural Municipal. Esta exposición poderase visitar en
www.arquivodaimaxedoporrino.net
0 Respostas to “Continúa aberto o III Concurso Fotográfico “As Festas do Cristo””