:: Axudar a que os pais dos escolares mosenses poidan conciliar as súas vidas familiar e laborar é a finalidade das dúas medidas adoitadas pola concellería de Educación, que se atopan enmarcadas dentro do Plan Concilia ::
O Concello de Mos pon en marcha o Plan Concilia, que engloba unha importante subvención para o servizo de comedor escolar nos centros públicos e a instauración do Plan Madruga. Onte pola mañá asinouse no Concello de Mos un convenio coa Agrupación de ANPAS dos centros públicos do municipio para subvencionar o servizo de comedor escolar durante o curso 2009-2010.
O convenio foi asinado entre Nidia Arévalo, alcaldesa do Concello de Mos, e Alfonso Parada, Presidente da Agrupación das Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as dos centros públicos, coa presencia da concelleira de Educación, Julia Loureiro. A finalidade do convenio asinado é a regulación do outorgamento dunha axuda económica por menú servido nos comedores escolares dos colexios públicos de 1,5 euros, o que supón o 40% do custe do menú diario.
O importe total da subvención coa que o Concello dotará á Agrupación de ANPAS ascende a 22.000 euros que se repartirán durante o presente curso escolar entre cada ANPA con carácter mensual. Segundo declarou onte a edil de Educación mosense, Julia Loureiro, tras a sinatura do convenio, “esta axuda abarata moito o prezo diario do menú e suporá un importante aforro tanto para os pais dos nenos que quedan a comer no comedor escolar tódolos días, coma para os que o fan de vez en cando”.
Loureiro explicou tamén que “tanto o Plan Madruga coma as becas para o comedor son medidas adoitadas para conciliar a vida familiar e laboral dos pais de escolares ademais de para axudalos económicamente nestes momentos de crise”. A concelleira asegura que “esta subvención supón tamén un importante incremento do orzamento municipal destinado a comedores escolares, que pasou de 10.000 euros o ano pasado a 22.000 euros para o curso presente que representan máis do doble da cifra previa”. Ademais Julia Loureiro lembrou que “no 2009 o Concello de Mos xa lles concedeou a subvención total do comedor a 15 dos 20 alumnos que o solicitaron” e asegurou que “seguiráselles subvencionando completamente este servizo ós nenos e nenas cuias familias se atopen nunha situación económica precaria que lles imposibilite o pago do prezo do menú”.
Plan Madruga
O Plan Madruga é a segunda liña de actuación do Plan Concilia. Está funcionando xa no Colexio Pena de Francia e dende a concellería de Educación prevese que o Concello o subvencione neste colexio e se instaure tamén nos demais centros do municipio. Consiste na apertura dos CEIP públicos locais dende as sete e media da mañá para que os pais que traballan poidan deixar ós seus fillos no colexio a primeira hora. Os nenos almorzan no centro, onde os cuidadores organizan xogos de entretemento e actividades educativas relacionadas cos hábitos saudables que se deben de realizar antes, durante e despois do almorzo.
Supoño que todo isto está ben. Supoño que cando uns pais deixan os seus fillos na escola a comer ou na aula de madrugadores é por que non teñen máis remedio..pero é triste pensar que unha criatura en pleno inverno ten que estar no cole as 7:30 da mañá ou sexa que se levantou antes das sete. E logo igual se queda o comedor e non o recollen ata as 5. Que triste. Igual temos que plantexarnos o de traer os fillos o mundo para vivir desta maneira.
Igual temos que replantexarnos a nosa escala de valores e as nosas prioridades
É esta sociedade na que vivimos, que ao final todo vai enriba dos mesmos. E date de conta… cómo vai render este neno no cole? , terá forza para aguantar toda a mañá coa concentración precisa? Logo atopámonos con problemas na escola de conduta, e botámoslles a culpa de todo, uns aos pais, e os outros aos mestres, e ao final, …de quen é a culpa?
Hai algo que non funciona ben, non me atrevo a dicir as solucións, pero teríamos algo que facer, e o conciliar a vida familiar non é que os nenos están fóra do ambito familiar tanto tempo, (penso).
Anarca, coincido contigo, non sei onde esta a solución pero se é está mal asunto, que estamos a facer cos nosos nenos.
Teriamos que ver que andan a facer os nordicos que sempre parece que nos levan uns anos de adianto. Din que o sistema educativo finladés é o mellor do mundo e por contra os cativos non son escolarizados ata os 7 anos. Eu non entendo pero penso que os meniños tan pequenos pouco fan na escola, e que me perdoen os mestres, eu son dos que penso que teñen que comer durmir e xogar e os adultos darlle o ambiente de seguridade para que durman coman e xoguen todo o que precisen e non facelos ter horario de cuartel xa dende os tres anos ou antes , madrugóns 7 da mañá, filas e máis filas, orden disciplina e logo de comer rancho e nada de durmir e xogar so cando os mestres o manden e prohibido chorar ou chamar a mamá ou papá.
Que ben que cando eu fun neno non tiña que madrugar, xogaba nos camiños cos meus irmáns e veciños, comia o que había , pouco chocolate pero o final resulta que iso está ben, durmía a sesta, non tiña xoguetes pero xogaba todo o día.
Isto non é conciliar nada isto é fastidiar os meniños.
oplan concilia non sera pa conciliar a chus co jerardo non. ou chus con ojea pas procsimas eleccions