Salceda retira a simboloxía franquista do Concello

corporacion-municipal-de-salceda-de-caselas-hernandez.jpg

 :: O primeiro pleno ordinario da nova corporación estivo marcado pola gran afluencia de público :: 

A rúa José Antonio de Salceda de Caselas pasou a chamarse Avenida de Galicia, logo de ser aprobado no pleno do  Concello o cambio de denominación desta rúa así como a supresión de toda a simboloxía franquista existente no termo municipal, como é o caso da fonte que se atopa na praza do Concello. Trátase dun “acto de reparación da memoria histórica”, segundo o definiu o voceiro do BNG no pleno, Xosé Manul Suarez , tamén concelleiro de Facenda, Réxime Interior, Seguridade e Persoal. 

O cambio de denominación desta rúa e a supresión dos símbolos foi aprobado polos concelleiros nacionalistas e socialistas coa abstención do Partido Popular, que non estivo de acordo na retirada da simboloxía franquista. 

É a segunda vez, no que vai de democracia, que o pleno de Salceda de Caselas cambia o nome a esta rúa. Primeiro chamada José Antonio Primo de Rivera, no ano 1999 pasou a denominarse , por acordo plenario, Avenida de Galicia, pero unha recollida de sinaturas, segundo os nacionalistas, levada a cabo polo entonces alcalde José Manuel Fernández “Chicho”, propiciou que o nome volvese a ser José Antonio “a secas”.  

O nome da rúa é froito do consenso entre nacionalistas e socialistas. Os primeiros propuñan a denominación de Avenida de Galiza acordando, finalmente, Galicia como nome oficial. 

O primeiro pleno ordinario da nova corporación municipal de Salceda de Caselas estivo marcado pola gran afluencia de público, cun consistorio abarrotado de xente, que non cesou de aplaudir logo da aprobación de cada punto. 

Entre outras cuestións aprobouxse tamén o regulamento do rexistro municipal de parellas de feito que “dará cobertura a unha realidade social”, segundo o definía Enrique Caballero, do grupo socialista. Este punto foi aprobado por unanimidade. 

Acordo unánime tivo tamén a solicitude á Xunta de Galicia da subvención para a redacción do PXOM. Os populares aprobaron sen maiores problemas este punto a pesar de que foron acusados por nacionalistas e socialistas de ter retrasado a redacción do documento o que provocou a perdida, segundo apuntaba Suárez, de 14250 euros correspondentes ao período de 2006 ao non poder ter presentado resultados fronte a consellería. 

Tamén por unanimidade se aprobou o apoio formal á solicitude de Amico, a Asociación de Minusválidos do Condado, para a creación dunha unidade especial de atención a grandes lesionados medulares no novo hospital previsto para o sur da provincia de Pontevedra e proxectado no concello de Vigo. 

Mocións 

O Partido Popular presentou tres mocións con caracter de urxencia. Nelas pedíase a negociación con Unión Fenosa para o traslado da liña de alta tensión que cruza algunhas parroquias do municipio á vía de alta capacidade. O grupo de goberno aprobou estudar esta proposta., así como a implantación do gas natural no municipio. Non tivo aprobación sen embargo a moción referente a Area Metropolitano de Vigo.

5 Respostas to “Salceda retira a simboloxía franquista do Concello”


  1. 1 xoan 3 Setembro 2007 ás 18:00

    Xa viña sendo hora que se levara a cabo tal feito.

    Meus parabens o concello.

  2. 2 Jagger74 14 Setembro 2007 ás 08:01

    Creo que este es un ejemplo de cómo se generan problemas innecesarios, el ayuntamiento no debería centrarse en enfrentamientos del pasado “ampliamente superados”.

  3. 3 diogo 17 Setembro 2007 ás 07:01

    Non estou dacordo con Jagger74. Todo o contrario. Agora que lle retiran á rua o nome dun fascista asasino empeza a superarse os “enfrentamentos do pasado” como ti lles chamas. (Na alemaña non hai ningunha rúa de Adolf Hitler nen en Italia de Benito Mussolini)

  4. 4 Silleiro 19 Outubro 2007 ás 09:46

    Vergoña daba ir a Salceda e ver un escudo fascista nunha fonte en pleno centro da vila… Noraboa ao concello por esta decisión… Aínda que creo que se deberían de facer máis actos para a recuperación da memoria histórica… Na Volta da Moura, en Santo Estevo de Budiño, foron “paseadas” moitísimas persoas, e sen embargo eses lares están sendo ocupados pola industria… Que menos que manter un espazo así libre de construccións, inda que só sexa por respeto a todas as persoas que alí foron fusiladas…


  1. 1 meneame.net Trackback en 31 Agosto 2007 ás 17:39

Deixar un comentario