Salceda prepara 15.000 raciones de callos

callos4_1.jpg

:: A cita gastronómica é este domingo na praza do Concello :: 

A carpa está xa lista na praza do concello de Salceda de Caselas para recibir aos 15.000 visitantes que se espera se acheguen este domingo a vila para degustar callos. Trátase da XV edición desta festa tradicional na comarca da Louriña, que cada ano atrae a máis comensais. 

Sobre a mesa, ou máis ben dentro da pota, se porán 2.500 quilos de vacún, 900 de terneira, 1.000 quilos de garavanzos, 270 de lacón, 230 de cebola e 575 de sofrito. O prezo da tapa, acompañada de viño tinto e taza conmemorativa, é de 5 euros. 

Unha Festa dos Callos que a nova corporación municipal quere devolver a súa esencia orixinal, á exaltación do producto, devolvendo o protagonismo aos callos e sacando “o exceso de enfoque político que a festa tiña nos últimos anos”. Así o fixo saber Marcos Besada, alcalde da localidade esta mesma mañá durante a presentación oficial desta festa. Á presentación acudiron tamén Raúl Francés, alcalde do Porriño, os concelleiros de cultura e festas de senllos concellos e o conselleiro delegado de Frigolouro, empresa que sirve os callos ao concello. 

É xa tradición que os alcaldes de ambos municipios, que comparten festa gastronómica – a do Porriño é en setembro – acudan xuntos a presentar este evento. Recoñecen, sen embargo, que existe unha “rivalidade san” entre os dous municipios. Esta rivalidade, asegura o conselleiro delegado de Frigolouro, “redunda cada ano en que a festa en cada un dos concellos sexa mellor, porque os pequenos fallos que se poidan cometer nunha, solvéntanse noutra”. 

Co que respecta á de Salceda, comezará moi cedo: as 8.30h comezaranse a vender raciones para tarteira (3€) e ás 10.00h en mostrador (5€). 

Unha festa cultural 

A festa dos callos de Salceda non se queda este ano unicamente na exaltación da gastronomía, senón que a concellería de Cultura ten preparada diversas citas culturais que comezarán este mesmo sábado coa celebración dun Serán ao que invitan a todos os grupos a acudir. O pregón, a cargo de Uxía Senlle, terá lugar o domingo ás 12.30h e ás 21.00h Filipa Pais cantará no Auditorio da localidade. A entrada é gratuíta. Durante a tarde actuará no recinto da festa a charanga NBA. 

Advertisements

0 Responses to “Salceda prepara 15.000 raciones de callos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: