Cinco represaliados porriñeses serán exhumados dunha fosa de Ponteareas

recuperacion-historica.jpg

:: Os responsables mantiveron hoxe unha reunión co alcalde do Porriño, Raúl Francés ::

Serafín Rodríguez, Saturnino Vila Quiroga, José Rodríguez, José Ramírez Vila e Manuel Pérez Vila, descansan, dende o 29 de decembro de 1936 nunha fosa común de Areas, logo de ser fusilados polas forzas falanxistas. As súas familias poderán agora, 72 anos despois, recuperar os seus corpos grazas a unha iniciativa levada a cabo polas Asociacións Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas do Morrazo, Memoria Histórica do 36 de Vigo, Memoria Histórica do 36 de Ponteareas e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

As tarefas de exhumación comenzarán o luns 3 de setembro ás 9,00 da mañán coa presenza dos familiares e de representantes destas asociacións. Así se decidiu esta mañá, logo de que os técnicos certificaran a viabilidade dos traballos.

Trátase de dúas fosas que se atopan nos adros das igrexas das parroquias de Xinzo e de Areas. É a primeira vez que se realizan labores de exhumación en territorio eclesiástico. Tanto o Bispado de Tui-Vigo como as Delegacións de Sanidade e Patrimonio deron o visto bó ao inicio dos traballos.

O concello do Porriño está a apoiar esta iniciativa que trata de recuperar unha parte da historia negra do municipio e a memoria de cinco porriñeses enterrados, tralo seu fusilamento, baixo o atrio da igrexa de Areas.

Tamén se levarán a cabo labores de exhumación nunha fosa situada en Xinzo na que están enterrados cinco vigueses, un cangués e un moañés.

 

Os represaliados:

Serafín Rodríguez, 45 anos
Natural de Budiño
Labrego
O seu cadaver foi atopado o día 30 de decembro do 36 en Porto de Outeiro

Manuel Pérez Vila, 56 anos
Natural de Budiño
Labrego
O seu cadaver foi atopado o día 30 de decembro do 36 en Porto de Outeiro

José Ramírez Vila, 39 anos
Natural de Budiño
O seu cadaver foi atopado o día 30 de decembro do 36 en Porto de Outeiro

Saturnino Vila Quiroga, 59 anos
Natural de Budiño
Labrego
O seu cadaver foi atopado o día 30 de decembro do 36 en Porto de Outeiro

Advertisements

0 Responses to “Cinco represaliados porriñeses serán exhumados dunha fosa de Ponteareas”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: