O VII Festival Rebumbio protagoniza a fin de semana en Mos

 

Onte presentouse en Mos a nova edición, a sétima, do Festival Rebumbio á que asistiron o concelleiro de Mocidade, Ramón Barcia, o tenente de alcalde, X.M. Ojea e membros do colectivo xuvenil organizador.

O Festival celebrarase no monte do Rebullón os días 29 e 30 de agosto.  O venres día 29 terá lugar unha troula gaiteira amenizada coa charanga Os Veraneantes e os seus Acompañantes, que teñen compoñentes de lugares tan dispares como Neda, Manzaneda, Mos, A Guarda, A Coruña, … e xa é un clásico na programación do Rebumbio.

 Para o sábado día 30 de agosto teremos o prato forte do festival: catro actuacións doutros tantos grupos de primeira liña a nivel galego como son Lavagabanda, grupo chegado dende Vigo que fará choutar os asistentes co seu ska-reggae-punk.

 A segunda actuación programada é a do grupo Os Chiquiliquatres, de Riveira, este grupo nacido antes do fenómeno televisivo xa actuou na pasada edición do Rebumbio, polo que os organizadores decidiron convidalos este ano tamén.

 O terceiro grupo en subir ó escenario serán os ourensáns Sonoro Maxin grupo formado por ex-membros de Lamatumbá, e que este ano están a revolucionar todos os escenarios onde actúan coa súa reggae-cumbia-ska.

 Os encargados de pechar esta VII edición do Rebumbio serán os coruñeses Ulträqäns, formado por ex-membros dos míticos Papaqueixos, unha auténtica descarga de enerxía e de ritmos balcanichekogalegos, outro grupo que tamén está a pegar moi forte nos festivais deste ano.

0 Respostas to “O VII Festival Rebumbio protagoniza a fin de semana en Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar un comentario