O concello de Mos tratará de evitar que a maior planta de reciclaxe de Galicia se instale na Veigadaña

:: Gerardo Alonso, que presentou a moción alegando o perigo de contaminación, non quixo sentarse co grupo popular ::

Gerardo Alonso, novo e único membro do grupo dos non adscritos protagonizou hoxe o pleno ordinario do mes de agosto en Mos, non só porque se fixo efectivo o seu abandono do grupo socialista, o que pertencía ata o de agora, senón porque presentou unha serie de mocións que centraron o debate na sesión de hoxe.

Así, o pleno municipal aprobou por unanimidade estudar a posible instalación dunha empresa de reciclado de Vigo no polígono industrial da Veigadaña. Por urxencia Alonso presentou unha moción na que advertía da perigosidade en canto contaminación ambiental da instalación desta empresa, Samper-Refeínsa, a mayor de Galicia, actualmente situada a carón do Lagares, en Vigo, e pediu ao  pleno que aprobase solicitar un informe de urbanismo e denegar a licencia se fose posible. O concello solicitará tamén unha reunión con Xestur para negociar este tema.

Acordouse tamén a creación da comisión informativa de deslindes do concello pola necesidade de inventariar as propiedades municipais.

Sobre a mesa quedaron outras mocións do concelleiro, como a creación do Consorcio de Emprego, unha das razóns ás que aludía o ex edil socialista para abandonar o seu grupo, e que parece que agora quere levar adiante en solitario. A alcaldesa pediu que o punto quedase sobre a mesa para que todos os concelleiros puidesen estudar a cuestión.

Tamén sobre a mesa quedou a petición de Alonso de modificar o ROM, o Regulamento Orgánico Municipal do Concello, para que se lle permita participar nas comisións informativas. Aínda que a alcaldesa apuntou que se precisaba un informe da secretaria xa adiantou que o concelleiro non adscrito poderá asistir, pero con voz e sen voto. As mesmas condicións ás que se acollían os non adscritos na pasada lexislatura.

Non quixo sentarse co PP

Moita expectación había hoxe no salón de plenos para coñecer con quen votaría Alonso. Cunha orde do día escasa de contidos Alonso apoiou ao Partido Popular no único punto con votación, o cambio de frecuencia da celebración das comisións informativas, que o goberno pretendía que pasasen de quincenais a semanais. Alonso asegurou que a súa experiencia no goberno demostrou que é suficiente con que sean quincenais no que ademais o concello se aforraría ao final de ano 13.000 euros, “que boa falta nos fai de seguir así”, apuntou.

Pero connivencia co Partido Popular, tan debatida estes días, non parece tal, xa que o edil non quixo sentarse no sitio que lle tiña reservado a alcaldesa, ao carón dos populares, e co permiso da presidencia do pleno fíxose un sitio ao carón do BNG, no lado esquerdo do salón de plenos.

Advertisements

1 Response to “O concello de Mos tratará de evitar que a maior planta de reciclaxe de Galicia se instale na Veigadaña”


  1. 1 diogo 1 Setembro 2008 ás 06:59

    O certo e que Gerardo marchaba ao dia seguinte do pleno de vacacións. Iso si, insistiu moito en que se continuara coa xestion por el iniciada para a apertura dun camiño na súa parroquia que curiosamente vai ata a súa casa. Polo demáis pleno dos máis aburridos según contan.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: