Hoxe confórmase en Mos un goberno de maioría

Os orzamentos están pechados e serán aprobados este xoves en pleno ordinario. O documento inclúe as dedicacións xa dos concelleiros do PSOE e do BNG, que dende ese mesmo día – así que se faga oficial no pleno – pasarán a gobernar en coalición e maioría no municipio. Unha maioría necesaria, segundo recoñecen ambos grupos, para a gobernabilidade do concello.

A conformación do novo goberno implica tamén un novo reparto de áreas. Así, as concellerías quedarán a partir de agora repartidas da seguinte forma:

PSOE:
María Jesús Escudero: alcaldía, Urbanismo e Facenda
Manuel Castro: Deportes
Geraldo Alonso: Formación e Emprego
Delfina Rodríguez: Educación
Isabel Lagp: Sanidade, Transportes e Servizos Sociais
Pepe Campo: Servizos

BNG:
Xosé Manuel Ojea: tenencia de alcaldía, Cultura, Festas, Normalización linguistica, Patrimonio e promoción turística, ademais de bibliotecas
Ramón Seijo Barcia: Xuventude e Ciber
Cabeleiro: Vías e Obras, Parques e Xardíns e Medio Ambiente

A esperada foto do pacto non a poderemos ver ata mañá.

0 Respostas to “Hoxe confórmase en Mos un goberno de maioría”



  1. Deixar un comentario

Deixar un comentario