Mos aproba os seus orzamentos coa ausencia do PP no pleno

:: O grupo popular ao completo abandonou a sala trala expulsión dun dos seus edís ::

A boa sintonía entre BNG e PSOE, que dende hoxe compoñen oficialmente o goberno de Mos notouse no pleno desta tarde no que votaron en conxunto todos os puntos da orde de día. Entre eles o orzamento municipal, que ascende a oito millóns e medio de euros.

Non tan boa foi a sintonía co Partido Popular que no punto 12 dunha longa orde do día abandonaba a sala logo de que a alcaldesa, María Jesús Escudero, expulsase a un dos seus edís, José Mª Pereira, ao considerar que non empregaba un ton apropiado para dirixirse a sala. Foi todo a raíz do debate sobre os recoñecementos de créditos e de que Manuel Castro acusase ao PP de impedir que se pagasen facturas atrasadas. Expulsado Pereira o grupo popular en pleno quixo solidarizarse e saíron da sala.

Foi polo tanto un pleno curto, xa que o groso da sesión, como os orzamentos, atopábase logo do punto no que se ausentaron os populares. Cos votos do PSOE e do BNG aprobáronse un por un os novos concelleiros así como os catro recoñecementos de créditos que aparecían na orde do día.

8.574.077 euros de orzamento

“A principal característica destes orzamentos é a contención tanto de gastos como de ingresos”, asegura a alcaldesa de Mos, quen puntualizou tamén que non suben os impostos.

Nas contas destacan dúas cifras: os 420.000 euros de endebedamento fronte o 1.388.000 euros de investimentos, “sobre todo en saneamento”. O goberno municipal destaca ademais que os investimentos son soamente para o que queda de ano, “e xa estamos a traballar no seguinte”, informa Xosé Manuel Ojea, voceiro do BNG e a partir de agora tenente alcalde do municipio.

Advertisements

0 Responses to “Mos aproba os seus orzamentos coa ausencia do PP no pleno”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: