Varela pide a Feijoo e Rajoi que paralicen a moción de censura de Mos

:: A concelleira popular e – previsiblelmente- futura alcaldesa aclarou que “somos oito concelleiros do PP e a moción xa está presentada”, deixando claro que non se moverá da decisión tomada pola xunta local de Mos aínda que non conte co apoio do partido ::

O vicesecretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela, esixe ao Partido Popular que paralice inmediatamente a moción de censura presentada esta mañá no concello de Mos co apoio “dun tránsfuga”. Segundo o socialista, do contrario “incumprirán os acordos do Pacto Antitransfuguismo asinado por todos os partidos políticos”. Para elo enviará unha carta a Feijoo e Rajoy instándoos a cumprir os acordos asinados.

Tanto o presidente autonómico como o nacional coñecen xa a decisión de Nidia Arévalo, quen respondeu esta mañá, ao ser preguntada se tiña o apoio do partido, que ela xa o tiña comunicado e agora “eles pensarán o que teñan que pensar”. A concelleira popular e – previsiblelmente- futura alcaldesa aclarou que “somos oito concelleiros do PP e a moción xa está presentada”, deixando claro que non se moverá da decisión tomada pola xunta local de Mos aínda que non conte co apoio do partido. “Buscamos a estabilidade do concello”, explicou Arévalo, aclarando que o facían por un medio estipulado pola lei, sendo a lista máis votada e representada polo 49% do sufraxio dos electores.

Arévalo fixo estas declaracións nunha rolda de prensa celebrada esta mañá no Ifevi, na que compareceron os oito concelleiros populares de Mos  e tamén o ex socialista e actual non adscrito Gerardo Alonso.

“A nós móvenos exclusivamente o compromiso coa gran maioría dos votantes de Mos que nos entregaron nas urnas unha grande responsabilidade”, asegurou Arévalo, secundada Alonso, quen asegurou que “o meu compromiso non é partidista senón cos veciños”.

O que fora segundo dos socialistas dixo que, tras deixar as filas do seu antigo partido e pasarse a oposición, tiña na cabeza a moción de censura. “Algo no que non pensara hai meses, pero si nos últimos 90 días”, dixo. Gerardo aposta ter co PP, un goberno de credibilidade, ,con compromiso, paritario, con ilusión e gañas de traballar e con visión sistémica. Anunciou ademais que en breve presentarán o seu orzamento para o 2009.

Antes de finalizar a roda de prensa, a concelleira popular enviou unha mensaxe ao actual goberno, ao que asegura que a moción “non é nada persoal e estamos dispostos a ter en conta tamén as súas apartacións”.

2 Respostas to “Varela pide a Feijoo e Rajoi que paralicen a moción de censura de Mos”


  1. 1 anxo 28 Novembro 2008 ás 13:27

    Alcaldesa a calquera precio… era un feito declarado.

  2. 2 Anselmo 29 Novembro 2008 ás 10:58

    No entiendo ccomo Nidia puede pasar por encima del partido. pPara qué son los pactos? Espero que la echen del PP. Quisiera verla por independientes en las próximas municipales… Y Nidia, yo te voté, pero para hacer un gobierno estable, no para fichar a un tránsfuga


Deixar un comentario