O PP expedientará aos concelleiros de Mos

alfonso-rueda

:: Alfonso Rueda  reitera que o partido non autorizou a moción de censura contra o PSOE en Mos::

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou que a postura da dirección autonómica do partido con respecto á moción de censura contra o PSOE na localidade pontevedresa de Mos é moi clara e coincide coa que expresoua dirección provincial. “Non a autorizamos”, confirmou.

Anunciou ademáis que se o partido procederá a abrir expedientes a todos os edís implicados e, a partir de aí, continuaranse aplicando as medidas que recollen os órganos estatutarios do partido.

Rueda realizou estas declaracións despois do anuncio realizado onte en Vigo pola voceira do Grupo Municipal do PP en Mos, Nidia Arévalo, e o edil do grupo dos non adscritos Gerardo Alonso. Ambos presentaron unha moción de censura contra o actual Goberno bipartito -formado por PSOE e BNG-, co obxectivo de “acabar cun período de incertidume, descoordinación e inestabilidade” na localidade.

Desde a dirección provincial, José Manuel Figueroa recoñeceu que os concelleiros populares, encabezádos pola ex–deputada provincial, “nos comentaron no momento oportuno” que presentarían esta moción de censura contra a alcaldesa socialista, María Jesús Escudero, xunto ao edil que abandonara a disciplina do PSOE o pasado mes de agosto, “pero non se lles deu autorización”.

“Os concelleiros de Mos tiraron para adiante sen contar co soporte expreso do partido, foi unha decisión tomada única e exclusivamente por eles, e agora empezarán a funcionar os órganos do partido para tomar a decisión correspondente”, insistiu Figueroa.

Advertisements

0 Responses to “O PP expedientará aos concelleiros de Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: