Raúl Francés gobernará catro anos máis no Porriño (video e imaxes)

 

: : Video das primeiras palabras de Raúl Francés recén elixido alcalde : :  

 

xente-dentro-pleno.jpg

xente-fora-pleno.jpg

raul-co-baston.jpg

: : Tras quince días de intensas negociacións, o centro dereita do Porriño non chegou a acordo : :

Nun salón de plenos repreto de xente, todos os concelleiros electos da corporación mostraron ao público a súa votación.  Cando Gonzalo Ordoñez mostrou o seu voto: “Manuel Carrera”, os aplausos dos votantes da dereita auguraron que o novo goberno sería liderado polo Partido Popular. Non foi así. Nelson Santos, líder de Ciudadanos por Porriño, achegouse ás bancadas do público para mostrar a súa papeleta: “En democracia, Nelson Santos”, dixo, “porque Ciudadanos siempre cumple su palabra”, asegurou Jacobo, segundo de Ciudadanos. 

Os aplausos que estouraron na sala foron neste caso os dos simpatizantes da esquerda: Raúl Francés, co apoio do PSOE, se convertía de novo en alcalde do Municipio. 

Visiblemente emocionado Francés recoñeceu que non tiña preparado un discurso de investidura “porque ata última hora esto estivo no aire” e mostrouse “honrado de ser elixido”, pedindo a toda a corporación “dignidade e responsabilidade” para xestionar o goberno do Porriño. 

votacion-de-nelson-santos.jpg 

Os votos da dereita 

Nelson Santos quixo cumprir a súa palabra, “dixen que os votos de Ciudadanos só ían ir para Ciudadanos e o cumprín”, aseguraba á saída do pleno de investidura. Unha postura que non é de todo comprendida polo Partido Popular, que acusan a Santos de “buscar protagonismo”.  “Nós queríamos para O Porriño un goberno estable e sólido – apunta Manuel Carrera – pero non foi posible”.  

Os populares non se renden e aseguran que continuarán coas negociacións para chegar a un consenso do centro dereita. Neste senso apunta xa a unha posible moción de censura, “aínda agardamos que nos poidamos unir e goberne o centro dereita”. Aínda así recoñece que o Partido Popular leva sido “excesivamente xeneroso” nas reunións mantidas con Santos “e pola súa parte non vimos nin un atisbo de xenerosidade”. Sí a viron en Gonzálo Ordoñez, de quen Carrera destacaba o seu talante e saber estar.

5 Respostas to “Raúl Francés gobernará catro anos máis no Porriño (video e imaxes)”


  1. 1 Miguel 16 Xuño 2007 ás 19:32

    Creo que Nelson fue muy coherente votándose a el no se puede decir en la campaña una cosa y luego hacer otra cosa
    A mi y estoy seguro que a mucha gente Nelson me parece una persona honrada y espero que no cambie de
    idea.

  2. 2 José Manuel 18 Xuño 2007 ás 07:04

    Muy emocionante las votaciones de elección de Alcalde.

    Al final creo que prevaleció la cordura y el saber estar.

    La decisión del partido de Nelson, me parecio muy coherente votándo a su candidato, tal como lo habian anunciado en su campaña.

    Espero que esto no sea una cosa pasajera, que en el tanscurso de la legislatura el partido Ciudadanos por Porriño, siga manteniendo su postura coherente y cumpla con lo prometido.

  3. 3 Topo 18 Xuño 2007 ás 08:23

    Nelson tenía un “trato” desde el principio, pero no era con el centro-derecha…

    Durante estos cuatro años se verá su coherencia, a ver con quién vota en las propuestas que se presenten.

    Los “favores” hay que devolverlos, que no son gratis.

    Una vez más, por el capricho de Nelson Santos, Porriño se desgobierna con minorías.

    RIP

  4. 4 onice 21 Xuño 2007 ás 20:05

    Mellor estar gobernados por unha minoría pluralista que escoita a xente que por unha maioría que só escoita o ruído de moedas contra a súa mesa.

    Agora quen goberna é Raúl e espero que siga polo ben do Porriño.

    O que si é certo e que Nelson fixo algo bo en toda a súa vida, que foi non ser el.

    PD: as administracións públicas deben usar o galego por lei. Como vou confíar en alguén para que me defenda se nin sequera sabe ou/e defende o noso idioma materno. A maioría da xente do Porriño fala en galego (e enténdeo todo o mundo) e o mínimo que teñen que facer os políticos é usalo. A mín non me vale a escusa de que pode haber xente foránea que non o entenda, pois calquera persoa que vaia vivir ó estranxeiro tense que adaptar a nova situación.

  5. 5 Jorge 25 Xuño 2007 ás 14:57

    VIVA RAÚL!!!! ENORABOA A TI E A TODOS OS QUE ESTIVERON APOIANDO A CANDIDATURA DO BNG, ENORABOA A TODOS DE VERDAD, UN SAÚDO DUN MEMBRO DE PAJATÚ 😉 SAÚDOS


Deixar un comentario