Un total de 285 persoas son as que están a participar da segunda etapa de cursos incluídos no programa ‘Tempo de lecer’, organizado pola concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro.
Estes cursos iniciáronse o pasado mes de setembro e rematarán en decembro. Será entón cando se realice un acto de clausura consistente na exposición de tódolos traballos realizados polos alumnos durante as dúas quendas de ‘Tempo de lecer’: de xaneiro a xuño de 2009 e de setembro a decembro deste mesmo ano.
A concelleira responsable desta iniciativa, Julia Loureiro, fixo hoxe unha valoración sobre a mesma declarando que “é unha boa maneira de animarse a saír da casa coa chegada do mal tempo e, con tal motivo, relacionarse con outros veciños e veciñas aprendendo cousas novas”. Segundo Loureiro, a meirande parte dos usuarios dos cursiños de ‘Tempo de lecer’ son mulleres de mediana idade, “aínda que dende a concellería de Participación Cidadá animamos a tódolos mosenses a participar, xa que hai clases moi interesantes tanto para a mocidade como para os homes”.
En total, a día de hoxe, estanse a impartir 21 cursos repartidos entre 16 asociacións do Concello de Mos. O Grupo de Baile Nosa Terra de Pereiras ensina baile tradicional a 15 persoas. No Círculo Cultural e Deportivo As Pedriñas reciben clases de pintura en tea 10 persoas, e de bailes latinos 18 persoas. Na Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras dáselle un curso de Pilates a 14 alumnos. A Asociación Cultural A Cividade conta cun curso de cociña e repostería para 14 veciños. Nas clases de Ioga impartidas na Asociación de Veciños Santa Mariña de Dornelas participan un total de 14 persoas. Asomamos, Asociación de Maiores Pensionistas Xubilados, conta cun curso de autoestima e habilidades sociais que ten 10 participantes, e outro de pandeireta con outros 10 alumnos. No Círculo Cultural Abrente dánselles clases de cestería a 13 persoas. Na Asociación de Veciños San Salvador de Louredo hai un curso de baile tradicional no que están inscritos 13 veciños. Na Asociación Cultural e Social de Herville impárteselles cestería a 13 persoas, encaixe de bolillos a 10 persoas e danza oriental a 14 persoas. A Asociación Veciñal e Cultural de Celado ten un curso de arte floral no que participan 10 alumnos. A Asociación Chan do Bosque ten clases de canto popular para 18 persoas. Na Asociación de Veciños San Rafael impártense clases de Pilates a 16 alumnos. No curso de arte floral do Círculo Cultural Santa Eulalia participan un total de 17 veciños. O curso do Centro Recreativo e Cultural de Torroso é de reciclaxe de obxectos esquecidos no desván e conta con 11 alumnos. A Asociación Recreativa Cultural de Guizán dá clases de arte floral a 17 persoas. E, por último, a Asociación de Veciños de Petelos conta con dous cursos; un de pandeireta e canto popular con 12 participantes e outro de relaxación e control do estrés con 13 inscritos.
Este programa está dirixido a tódolos veciños e veciñas maiores de 14 anos e, segundo a edil Julia Loureiro, “os seus obxectivos son fomentar a vida sociocultural e comunitaria, facilitar a posibilidade de ocupar o tempo de lecer con actividades formativas nun medio próximo, promover a participación social, o traballo en equipo e a creatividade nos distintos campos da actuación social; conseguir unha mellora persoal dos participantes a través da aprendizaxe e, sobre todo, dar resposta á gran demanda por parte das asociacións municipais”.
Nom o entendo… estes do PP e mais o Gerardo apresentarom umha mocion de censura porque segundo eles o Concelho estava paralisado, nom se facia case nada e o pouco que se facia estava mal, mas todos os programas que organiçam som identicos aos que facia o BNG
ake jode pringaos