O BNG de Mos pide a demisión da concelleira de cultura Sandra Temes

“O goberno non está a cumplir cos veciños e non ofrece ningún tipo de alternativa cultural”, así comeza o comunicado de prensa enviado onte polos nacionalistas mosenses onde piden a demisión da concelleira de Cultura Sandra Temes. “O bagaxe cultural deste goberno é pobre, o multiusos está vacío de contido cultural. As asociacións culturais teñen que aceptar as imposicións e os criterios dunha concelleira antidialogante, as comisións de cultura convertéronse na ausencia de diálogo. Estas son algunhas das maneiras da concelleira Sandra Temes que o BNG denuncia. Xa non se pode volver atrás”, sinalan

Desde o BNG queren dicirlle aos veciños que o concello de Mos “merece outra cousa, merece outra actividade cultural, merece en definitiva, outra concelleira de cultura, que polo menos sinta un mínimo de aprecio e cariño pola lingua e a cultura que ten que defender.”

Para o BNG, o salario de Sandra Temes no concello é un “roubo”. Temes leva a área de cultura e a área de urbanismo. Por estos traballos cobra un salario. Os nacionalistas aseguran que en urbanismo contratou un xerente cun dos mellores salarios do concello, pero as licencias de obra non saen adiante, nin se castigan as infraccións urbanísticas. “En cultura, non hai programación nin traballo cultural”, din. O BNG pregúntase por que se lle paga a esta concelleira “que non move un dedo polo concello, ou ¿qué intereses ñode seguir para permanecer no cargo?”. Por esta razón, e pola alarmante situación que se está dando con Sandra Temes, o BNG sentíuse na obriga de pedirlle á alcaldía que destituira das súas funcións en cultura a Sandra Temes.

Finalmente a votación quedou en empate, e tivo que terse repetido a votación para desfacer o empate co voto de calidade da presidencia.

Advertisements

8 Responses to “O BNG de Mos pide a demisión da concelleira de cultura Sandra Temes”


  1. 1 diogo 29 Setembro 2009 ás 11:17

    Quando a metade dos representantes elixidos democráticamente polo povo pidem que dimitas é que o estás a fazer mui, pero que mui mal

  2. 2 culebra 29 Setembro 2009 ás 12:21

    pobre temes menos mal ke berto a protexe coasua innorancia e falta de respeto o deporte ea cultura el e oreflexo do pp

  3. 3 BnJ 29 Setembro 2009 ás 14:56

    A verdade e que podia volver a Mariña… Botanse de menos eses concertazos da Kona ke te fixo, deus que te crew… Iso era cultura e o demais son contos…jajajajajajajaja!!!

  4. 4 louro 29 Setembro 2009 ás 21:11

    Toda a cultura resumiuse nun concerto que costou 40.000€ ahi rematou a cultura deste concello e así foron rematando os cartos. Non hai un peso, xa era de esperar con tanta festa, tantos soldos, tanto despilfarro. Esta xente se pensou que os cartos públicos non tiñan límite e máis contando coa deputación pero todo ten o seu fin. Que vas facer agora Nidia,…

  5. 5 liscran 1 Outubro 2009 ás 22:15

    sandra temes
    eu creo que en cultura ten que haber unha persoa que polo menos lle teña aprecio á cultura, e eu penso que ela está desexando adicarse máis a fondo ó urbanismo, quye é o que mais lle gusta, ¿por qué será??

  6. 6 sociata 1 Outubro 2009 ás 22:18

    CANTO SE BOTA DE MENOS A MARIÑA, polo menos sabía o que era cultura…. detrás vendrá……
    había que facer un palomar no multiusos, polo menos criabamos pichóns……

  7. 7 liscran 1 Outubro 2009 ás 22:19

    a ver cando pedides a dimisión do LAJARTO que pasa os dias deitado ó sol

  8. 8 sociata 1 Outubro 2009 ás 22:20

    a ver cando pedides a dimisión do LAJARTO que pasa o día deitado ó sol


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: