As antigas orquestras do Porriño no novo número da revista Malladoura

Portada_Malladoura 15

:: A publicación, que está a piques de cumprir 10 anos de vida, contén tamén neste número un artigo sobre o poeta e escritor porriñés emigrado á Arxentina Manuel Otero Saavedra, entre outros temas ::

Como vén sendo habitual coa chegada das Festas do Cristo, un novo número da revista de historia do Porriño, Malladoura, sae á rúa. A publicación, editada polo Seminario de Estudos Porriñes “Alfredo Bautista Alconero”, chega aos quioscos cun aire renovado e pensando no 2010, ano no que cumprirá 10 anos de vida. Para o ano que vén, os responsables da revista editarán un número especial con artigos asinados por colaboradores habituais, así como por aqueles que participaron na publicación durante este tempo e sinaturas do eido cultural galego que xa confirmaron a súa colaboración.

O novo número
Neste novo número de Malladoura, o 15 (16 con número 0) , mestúranse sinaturas novas coas que xa veñen participando habitualmente. O investigador Xosé Ramón Paz Antón volve colaborar na revista asinando a reportaxe central, na que nos fala das antigas orquestras de baile do municipio. O redactor de Malladoura e membro do Seminario de Estudos, Iván Vaqueiro, asina unha reportaxe sobre o poeta e escritor porriñés emigrado á Arxentina Manuel Otero Saavedra. O historiador da Arte David Pérez Rego “Cato”, tamén colaborador habitual, escribe sobre a igrexa parroquial de Santa Eulalia de Atios, un dos edificios relixiosos máis antigos dos que se poden atopar no municipio. É interesante tamén o traballo do profesor da Universidade de Vigo Francisco Javier Pérez Rodríguez no que retrata O Porriño nunha das épocas menos estudadas da historia local, a Idade Media. O historiador e director da publicación, Diego Giráldez, rescata dos xornais dos anos 20 anuncios dos negocios porriñeses da época e achéganos desta maneira a actividade comercial do Porriño de principios do século XX. O número 15 complétao un artigo asinado por Roberto Fernández Díaz sobre O libro de constitucións da “Cofradía do Santísimo Sacramento da vila do Porriño” do século XVII, gardado no Arquivo Municipal de Tui.

Advertisements

0 Responses to “As antigas orquestras do Porriño no novo número da revista Malladoura”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: