Rematan as obras de saneamento nas parroquias de Pontellas e Chenlo

chenlo_pontellas

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Vías e Obras, dirixida por Pedro Pereira, de que veñen de rematar as obras de saneamento que se estaban realizando nas parroquias de Pontellas e Chenlo. Nestes dous proxectos, financiados con cargo ao Fondo de Inversión Local para o Emprego, executáronse obras de saneamento, acometidas e mellora da capa de rodadura nos camiños veciñais dos barrios de Outeiro-Sampaio, na parroquia de Pontellas, e no camiño veciñal do Penedo – Abas, na parroquia de Chenlo.

A rede de saneamento instalada en Pontellas está formada por 1.560 metros de PVC de 315 mm de diámetro, onde se intercalaron 52 pozos de rexistro. En colaboración coa Comunidade de Augas, levouse a cabo, asemade, a canalización con PVC e pozos de rexistro para a posterior renovación, da traida de augas dos veciños dos barrios do Outeiro e Sampaio. A eliminación da totalidade das augas fecais destos barrios, xunto cos de Centeáns, A Louriña, A Igrexa e San Campio, está pendente da execución do proxecto para a conexión desta rede de colectores ao colector xeral do río Louro, proxecto xa presentado polo concello porriñés en Augas de Galicia, e que conta cun orzamento de 1.064.232´88 euros. A execución deste proxecto suporía a instalación de tres pozos de bombeo, e daría
tamén servizo ao barrio de Quintenla, en Pontellas.

En Chenlo instaláronse 1.335 metros de PVC de 315 mm de diámetro, intercalándose 38 pozos de rexistro. Realizouse tamén, como obra auxiliar ao proxecto, a ampliación do ancho do vial da estrada, solucionando os problemas de visibilidade existentes até o de agora en diferentes curvas.

O orzamento das obras realizadas ascende a 215.206´09 euros, no caso da obra de Pontellas, e a 217.711´99, no caso da de Chenlo. O concelleiro de Urbanismo, Pedro Pereira, afirmou que o Goberno do Porriño mantén unha liña de actuación dirixida a dotar de saneamento integral ás parroquias rurais do municipio. “É clara a incidencia positiva desde o punto de vista sanitario e ambiental que producirirá a posta en funcionamento de colectores de saneamento nas vidas dos veciñosos e veciñas destos barrios de Pontellas e Chenlo”, sinalou Pedro Pereira. O concelleiro quixo
reiterar o compromiso do Goberno do BNG coa paulatina instalación de redes de saneamento en tódolos núcleos rurais do municipio, “Tanto a través de financiación propia como grazas á colaboración con outras administracións”, concluíu Pereira.

Advertisements

0 Responses to “Rematan as obras de saneamento nas parroquias de Pontellas e Chenlo”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: