O BNG de Mos advirte que ‘non permitirá que o Polígono da Veigadaña acolla empresas contaminantes’

Ojea Torroso 

O BNG de Mos  non entende que o goberno actual da Xunta, por medio de XESTUR,  “estea intentando traer para Mos a empresas contaminantes que teñen dificultades de emprazamento noutros lugares”, tal e como, segundo apuntan,  se manifestou no estudo da documentación enviada por Xestur ao Concello e examinada nunha comisión informativa.

“A primeira intención de Xestur está en facer un novo replanteamento das parcelas, facendo unha nova parcelación distinta da aprobada no proxecto inicial, para facer parceliñas máis pequenas, e prescindindo así da posibilidade de que grandes empresas, e mais competitivas, compren solo industrial en Mos”, declaran dende o BNG. Deste xeito, din, a Xunta de Galicia tería máis facilidades en vender as parcelas a empresas menores, que se conforman con menos metros de solo industrial.

O BNG pide ós actuais gobernos da Xunta e do Concello que manteñan as ideas que berraban na oposición e dispoñan as parcelas do polígono a prezos máis económicos, para que os empresarios poidan mercar máis metros de terreo. “O goberno de Mos, a través de Sandra Temes, contradícese a diario e agora xa non lle valen as cousas que pedían na oposición”, sinalan.

Polígono para reciclaxe
O proxecto actual só contemplaba unha parcela de titularidade da administración para a ubicación dun punto limpo adicado á reciclaxe, ó que poideran acudir os  veciños de Mos a depositar os seus enseres que non poden depositar nos contenedores. Pero agora, explican dende on BNG, a pretensión da Xunta está en abrir o abano de empresas de rexiclaxe a outras empresas de tratamento de residuos. Por esta razón, o BNG non vai apoiar ningunha modificación de proxecto que leve consigo a pretensión de ubicar en Mos as empresas máis contaminantes da comarca.

Por outra parte, os nacionalistas denuncian que o polígono segue a súa actividade constructiva con normalidade, sin que se rebaixaran os actuais muros de contención nin os desniveis, e sin que tampouco se paralizaban as obras, tal e como anunciaron que farían os actuais gobernantes cando estaban na oposición.

 Por esta razón, o BNG “non apoiará ningún engano máis ós veciños e veciñas de Mos, polos continuos cambios de posicionamento que están tendo estos membros do actual goberno municipal”.

Advertisements

11 Responses to “O BNG de Mos advirte que ‘non permitirá que o Polígono da Veigadaña acolla empresas contaminantes’”


  1. 1 Brais 22 Setembro 2009 ás 19:21

    Juauu!!! menudo nivel de comentarios. Akbaronse as ferias, voto de menos máis novas con foto, como a de Nidi apatrullando queen o venres pola noite, Mos pode durmir trankilo, Nidi gardanos

  2. 2 diogo 23 Setembro 2009 ás 06:30

    Todos somos um pouco porcos

  3. 3 diogo 23 Setembro 2009 ás 06:36

    Bem, os vecinhos da Veigadanha estaram contentos. Nunca vi umha manipulaçom tam clara do que esta; o PePé enganou-os com um descaro incrivel, mas penso que muitos de eles se deixarom enganar e pactarom com o dianho. Alá eles. Ademais se Xestur aplica os seus plans teremos trânsito de mercadorias perigosas pola zona dia a dia.
    Respeito do prezo do terreo, houvo muito empresario peperiano que protestou, mas agora nom dim nada ou estam no carcere

  4. 4 MARÍA 23 Setembro 2009 ás 09:56

    bnj , deberias ir a escola, aínda que sexa de “pagho”

    A asociación de veciños da Veigadaña, estarán este xoves no pleno protestando?
    diante de todo estara o ese señor que tanto gritou e alabou a Nidia?

  5. 5 Sanguinhedense 23 Setembro 2009 ás 15:17

    O webmaster de A Peneira, penso, debería eliminar aqueles comentarios de xente con cerebro de reptil, tipo BnJ.

  6. 6 un de cela 24 Setembro 2009 ás 12:46

    hai alguns que eles mesmos se califican,verdade bnj,ou seras un pequeno fascista co estomago agradecido,hai que valorar outras cousas amijo,pero bueno dos do pp que se vai esperar

  7. 7 BnJ 24 Setembro 2009 ás 13:28

    MAruxa pero escolas ou galescolas, xa non sabedes o que queredes… vaia con vos…
    Pois si, vou ir a unha escola de pajo como ti dis cos filliños deste personaxe tan jijoló…
    Oxea Presidente…. jajajaja!!

  8. 8 louro 24 Setembro 2009 ás 18:30

    falemos de cousas serias. Os que queremos a Mos, e en xeral a terra onde vivimos non podemos consentir manipulacións políticas de unha cousa tan seria coma é a nosa sude e a nosa calidade de vida.
    Todas as persoas con certo criterio, estamos de acordo que e preferible que as naves industriais (mal necesario) esten todas xuntas nun poligono con certas garantias de seguridade e bos accesos.
    Pero de iso a que nunha zona tan poboada coma é o noso concello se establezan industrias contaminantes ou perigosas vai un treito. Aqui quero ver a todos os políticos arrimando o hombro e a primeira Alcaldesa que está ahí algo máis que para andar de festa.

  9. 9 culebra 25 Setembro 2009 ás 12:23

    kepena non seres da beigadaña odo baixo do torreiro pactou un local.pa sociacion da beigadaña ,no poligono,ke sorte .aconta da beigadaña tera un bar privilexiado e libre de inpostos fino coño

  10. 10 anarca 25 Setembro 2009 ás 21:59

    Prometérame a min mesmo non voltar a poñer comentarios, pero isto é moito. Por un lado, alégrome que agora o BNG veña ao lado bó, por outro me fastidia que se cambie o discurso segundo estea un ou outro no governo.
    Teresa Táboas en declaracións públicas xa plantexaba as naves en aluguer de 500 metros cadrados, debido ao que algúns dixeramos antes, que non había demanda real para eses polígonos, logo non é de todo certo que sexa o governo actual o que fale de micronaves, xa se falou antes.
    A demanda non existe, eu dixenno aquí o 20 de xaneiro, e agora hai que buscar todo tipo de empresas para poder ocupar eses terreos. Tamén advertín que non había ningún condicionante que impidira a construcion de industria perigosa, que non figuraba no proxecto.
    Neste foro tachouseme de todo, o tempo pon a cada un no seu lugar, e os que antes defendían os polígonos agora están no outro lado, eu, coma vedes sigo no mesmo.
    Amigo Diogo, teño uns comentarios teus do 19 de xaneiro e do 21 que non teñen desperdicio, daquela non eras reintegracionista, pero difiren un pouco do que dis agora e relación ao polígono da Veigadaña.
    Ben, “errare humanun est”; benvidos a este lado da ponte.

  11. 11 diogo 28 Setembro 2009 ás 08:56

    bem-vindo querido/a anarca
    Sobre o polígono sego a pensar o mesmo que ha um ano. E sobre a actuaçom de alguns vizinhos e Nidia Arevalo tambem. Sego a estar a favor do polígono malia as incomodidades que poda gerar. Sego a pensar que Nidia e o PP manipularom e mentirom aos vizinhos da Veigadanha e que muitos de estes o sabiam.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: