O Concello do Porriño organiza unha mostra fotográfica sobre o barrio de Carracido

Foto 3

Grupo de alumnas e alumnos da escola unitaria mixta de Carracido coa mestra Paquita Tomé. 1948-1949. FOTO: E. UTRILLA / A. M. I.

O Concello do Porriño informa de que xa foi inaugurada no Local Veciñal de Carracido, a exposición Carracido en fotos, unha mostra fotográfica sobre este barrio porriñés organizada polo Arquivo Municipal da Imaxe do concello porriñés en colaboración coa Asociación Veciñal e Cultural “As Mimosas”.

Os veciños e veciñas do barrio porriñés de Carracido, e todas as persoas que se acheguen a visitar esta mostra fotográfica, terán oportunidade de contemplar nunha exposición imaxes da vida cotiá do barrio porriñés correspondestes ao século XX. Na exposición poderá verse unha escolma de 128 imaxes entre as que destacan temas como o retrato, a emigración, a agricultura, as festas, os deportes, etc.

Carracido en fotos xurde tras a recollida de fotografías levada a cabo no lugar durante os meses de abril e maio polo Arquivo Municipal da Imaxe do Concello do Porriño xunto coa Asociación Veciñal e Cultural “As Mimosas” de Carracido. Na recollida participaron máis de 20 familias que aportaron un total de 264 imaxes, algo que a organización considera un éxito tendo en conta que se trata dun pequeno barrio do municipio. Esta recollida ven a continuar o programa de recuperación de patrimonio fotográfico levado a cabo polo Arquivo da Imaxe nas oito parroquias do municipio.

O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, manifestou que “Grazas a este tipo de mostras, os veciños e veciñas comproban o uso social que poden ter as imaxes que conservan nos seus álbumes familiares, moitas delas de gran valor etnográfico, social, cultural e, como non, fotográfico”.

Desde concello porriñés quérese lembrar a todos os veciños e veciñas do Porriño, que poden seguir colaborando co Arquivo Municipal da Imaxe a través do préstamo de fotografías, para contribuir a seguir engrosando o fondo documental do Arquivo, que xa conta na actualidade con perto de 5.000 fotografías e outro tipo de documentos gráficos.

Advertisements

0 Responses to “O Concello do Porriño organiza unha mostra fotográfica sobre o barrio de Carracido”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: