Inaugurouse a nova escola infantil da rúa Doantes de Sangue no Porriño

inauguracion_escola0025

:: O acto contou coa presenza do Alcalde do Porriño, Raúl Francés; da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; da Delegada Territorial da Xunta de Galica en Vigo, Lucia Molares; e do Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez ::

O Concello do Porriño informa, da inauguración da nova Escola Infantil Pública da rúa Doantes de Sangue. Grazas a posta en funcionamento desta nova escola infantil, duplicáronse as prazas, de 60 a 120, para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos no municipio.

O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, amosou a súa satisfacción pola inauguración deste novo centro, e trasladou á Conselleira a necesidade de incrementar máis as prazas dispoñíbeis para estas idades no Porriño. “No Porriño temos censados a máis de 800 rapaces e rapazas de entre 0 e 4 anos. Somos un municipio en crecemento, e precisamos máis prazas dentro da rede pública galega de escolas infantís” , afirmou Raúl Francés.

Nesta liña aberta de colaboración entre institucións, o Alcalde do Porriño sinalou que “Desde o Concello do Porriño reiteramos a nosa lealtade institucional coa Xunta de Galicia, e sempre estamos dispostos a colaborar entre administracións, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, para prestar mellores servizos públicos, e ampliar os mesmos ao maior número de cidadáns posíbeis”.

A nova escola infantil da rúa Doantes de Sangue, foi un proxecto comprometido pola Xunta de Galica, a través dun convenio para a súa construcción asinado, no ano 2007, entre Concello do Porriño e a entonces Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Conta con 4 aulas para nenos e nenas, unha sala de usos múltiples, unha área administrativa, espazos auxiliares (cociña, almacén e aseos), e unha área exterior con zona de xogos. A superficie útil do centro é de 417 m2 . O proxecto de construcción do centro contou cun orzamento de 480.586 €, dos cuais a Xunta aportou o 80%, e o concello porriñés o restante 20%.

Posteriormente á inauguración da escola de Doantes de Sangue, o Alcalde, a Conselleira, e o resto de autoridades, desprazáronse á escola infantil de Torneiros, centro que tamén forma parte da rede pública galega de escolas infantís. Alí, o Xerente do Consorcio, anunciou que nos próximos días vanse levar a cabo as obras de tipo estrutural
comprometidas pola Xunta de Galicia para a mellora e acondicionamento desta escola infantil, que afectan tanto ao tellado do centro, como ao chan e as cristaleiras, así como outros elementos que non se axustan á normativa vixente.

Traballo
O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, quixo aproveitar a visita da titular de Traballo da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, para solicitar da Consellería un esforzo extra na colaboración co concello porriñés en materia de emprego, a través do Plan Municipal de Emprego do Porriño. “No noso municipio concéntrase unha importante actividade industrial,
polo que nestes momentos tamén contamos con elevados índices de desemprego”, concluíu Francés.

Advertisements

0 Responses to “Inaugurouse a nova escola infantil da rúa Doantes de Sangue no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: