Comeza en Mos un curso do programa Actívate da Deputación

cursomos

 :: Rematará a finais de setembro tras 30 horas de clase impartidas no CDL ::

Tivo lugar no Centro de Desenvolvemento Local mosense (CDL) a presentación do curso ‘Monitores de tempo e lecer’ que xa deu comezo e rematará o vindeiro 30 de setembro. Neste acto inaugural estarán presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a deputada provincial, Francisca Canal, e os concelleiros de Participación Cidadá e Formación e Emprego, Julia Loureiro e Gerardo Alonso, respectivamente; así como tódolos alumnos participantes.

 ‘Monitores de tempo e lecer’ consiste nun curso de 30 horas de duración que se impartirá en horario de catro e media a oito e media da tarde os martes, mércores e xoves de tódalas semanas dende hoxe ata finais de mes; e cuias clases se celebrarán nas instalacións do CDL do Concello de Mos.

Os obxectivos deste curso son capacitar ós alumnos no desenrolo de actividades relacionadas co lecer e o tempo libre, é dicir, actividades socioculturais, deportivas ó aire libre e de contornos urbáns e naturais. O programa educativo dividirase en tres módulos que abordarán as áreas sociocultural, educativa e de técnicas e recursos.

 Programa Actívate

Este curso de monitor de tempo de lecer forma parte do proxecto Actívate 2009 promovido pola Deputación de Pontevedra. Trátase dun programa de acción social que chega a Mos da man das concellerías de Participación Cidadá e Formación e Emprego, dirixidas polos edís Julia Loureiro Campo e Gerardo Alonso Porto.

O programa oferta cursos de formación dirixidos a xóvenes de entre 16 e 35 anos. Trátase de cursos de 30 horas de duración que se impartirán durante os meses de setembro, outubro e novembro do presente ano 2009. O listado de cursos entre os que elixir é de inglés, francés, portugués, informática, Internet, monitores de tempo de lecer, coidadores de axuda no fogar, mecánica do automóbil, prevención de riscos laborais, maquillaxe e estética, costura e bordado, e albanelería.

Advertisements

1 Response to “Comeza en Mos un curso do programa Actívate da Deputación”


  1. 1 diogo 17 Setembro 2009 ás 06:30

    Francisca Canal e Nidia Arévalo… dúas fracasadas da política. A de Redondela leva perdendo eleccións desde que se presenta a elas, e a de Mos…. tamén.
    Respecto a noticia, vendo a foto nóta-se que foi todo un éxito o curso ese para Tránsfugas. Agás os dous rapazes que están sentados na mesa e a Paqui Canal o resto son tránsfugas, non si?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: