O Porriño acolle a X edición do Festival Intercontracultura de hip-hop e graffiti

Toda a información sobre os grupos que participarán mañá no X Festival Intercontracultura do Porriño en www.animaporrino.net

O Festival Intercontracultura do Porriño está organizado polo Concello do Porriño, a través da súa Concellaría de Mocidade e da OMIX, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, desde a súa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

No día de onte, e como anticipo do festival, inaugurouse a nova decoración da aula de informática da Biblioteca Municipal, a obra gañadora do concurso de deseño de graffiti organizado polo concello porriñés para a aula de internet da súa biblioteca. A temática do concurso versou sobre aspectos relacionados co mundo da literatura, da lectura e do
libro, en relación con Internet. A persoa gañadora do concurso foi a encargada de levar a cabo fisicamente a súa obra na devandita aula de internet da biblioteca. O premio, consistente nun lote de sprays por valor de 600 euros, recaeu no porriñés Francisco Xosé Quintas Iglesias.

O Concello do Porriño ven organizando desde 1999 o seu festival hip-hop, no que ten unha importancia especial a sección de graffiti. Nun momento no que proliferan os festivais e encontros deste tipo en Galicia, paga a pena lembrar que o do Porriño foi un dos pioneiros en todo o noroeste peninsular. Na actualidade, está consolidado como unha referencia neste tipo de eventos en Galicia.

Un ano máis a localidade do Porriño reunirá a centos de persoas do mundo do hip-hop e demáis curiosos e curiosas en torno á rúa Cando, no centro da vila. Alí, un muro de 200 metros acollerá as creacións de graffiti executadas por pintores de toda Galiza, do resto do Estado e mesmo internacionais. As súas creacións ficarán plasmadas nesta rúa céntrica durante doce meses, despertando o interese e a curiosidade da veciñanza.

A concelleira de Mocidade, Miriam Martínez Troncoso afirmou que “atopámonos ante unha nova edición dun dos festivais máis consolidados da escea hip-hop galega, o Intercontracultura do Porriño. Desde a Concellaría de Mocidade sabemos da importancia que a cultura hip-hop ten entre a mocidade da nosa vila, e agardamos un novo éxito de público nesta X edición”

Programa Festival Intercontracultura (sábado día 12 de setembro)
Graffiti
A partir das 16:00 horas, máis de 50 escritores/as galegos/as e internacionais plasmaran os
seus graffitis na rúa Cando

Música
O Festival mantén a súa filosofía de consolidar a escea galega e apostar por novos valores do
hip-hop, apostando pola xente do país e convertíndose nunha valiosa ferramenta para que
as/os artistas máis novos se poidan dar a coñecer.
Nesta edición asistiremos aos concertos de Delahoja, Slowlee, KAOS & Karmasound e
Grand´s. A partires das 21:30 horas na rúa Cando.
Ao rematar os concertos, haberá servizo de autobús para Vigo.

Advertisements

0 Responses to “O Porriño acolle a X edición do Festival Intercontracultura de hip-hop e graffiti”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: