O Concello de Mos instalará a rede de saneamento nunha nova zona da parroquia de Louredo

:: A inversión nesta obra rondará os 140.000 euros gracias ós cales se lles dará servizo a 60 vivendas ó longo dun quilómetro e medio de distancia ::

 A concellería de Saneamento e Abastecemento mosense que dirixe o edil Ángel Pereira Carrera, informou hoxe de que o Concello de Mos procederá á instalación dunha nova rede de saneamento no lugar de Pombal, parroquia de Louredo.

 Segundo explicou a alcaldesa, Nidia Arévalo, esta mañá, “mediante esta obra acometerase unha instalación de case quilómetro e medio de lonxitude, que dará servizo a unhas 60 casas”. A rexedora local declarou tamén que “a inversión económica nestes traballos ascenderá a 132.876,92 euros que esperamos sexan subvencionados por Augas de Galicia; obxectivo polo cal estamos a traballar”, dixo Arévalo.

Advertisements

5 Responses to “O Concello de Mos instalará a rede de saneamento nunha nova zona da parroquia de Louredo”


  1. 1 Mamen 13 Setembro 2009 ás 08:36

    Pero válgame dios outra mentira máis, xa está ben de vender favores. Veciños e veciñas do Pombal, e Mos en xeral, abran os ollos que esta obra xa estaba prometida polo anterior goberno, pero estes tránsfugas non lles deixaron levala a cabo porque os votaron do concello. Isto é indignante, como se pode ser tan falso.

  2. 2 culebra 14 Setembro 2009 ás 16:10

    eu pensei ke otal lito era mudo,. ke alegria pena kesija sendo tonto

  3. 3 Peña celtista 14 Setembro 2009 ás 20:49

    Mais vale que sea tonto a que sea un alicran coma ti culebra. Por certo Mamen, tanto iba facer o bipartito que en cinco anos non fixo na de na

  4. 4 ZURDAZO 15 Setembro 2009 ás 11:04

    Reflexión:

    Ou eu non escoito ben, ou Rajoy veulle decindo a alcaldesa tránsfuga de Mos Sra. Doña Nidia María Arévalo (a que seica lle quitaron o carnet en Nigrán por ir cunhas fechiñas de mais) que nas próximas eleccións municipais non conta con ela.

    Por primeira vez na miña vida, teño que darlle a razón a Rajoy; Si señor, o PSOE non debe deixar presentar a aqueles que votan favorablemente as mocións de censura axudándose de tránsfugas. Entendo entón que, según Rajoy, nin Nida Arévalo nin o resto dos seus tránsfugas poden presentarse como Partido Popular.

    ¿Estará preparado Avelino?; ¿Pensará o mismo o orelliñas que Rajoy?.

  5. 5 un de cela 24 Setembro 2009 ás 12:54

    o da peña celtista, queria saber eu a quen representa, ou en nome de quen fala, porque eu tamen son dunha peña celtista, e no meu nome non fala. e mais pareceme un pouco osado utilizar o nome do celta, para facer comentarios politicos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: