O PSdeG-PSOE de Mos critica que o goberno suspenda un servizo de transporte que comunicaba algunhas parroquias co Centro Médico

O PSdeG-PSOE de Mos critica que o goberno suspenda “sen previo aviso” un servizo de transporte que comunicaba algunhas parroquias co Centro Médico do municipio. Segundo apuntan os socialistas, este servizo fora posto en marcha polo anterior goberno co apoio da Consellería de Política Territorial e tratábase dunha experiencia piloto que comunicaba as parroquias de Sanguiñeda – Mos – Louredo – Guizán e Tameiga co Centro Médico de Mos, continuando a Vigo.

 A través dun comunicado, os socialistas locais queren recordar que “os concelleiros que naquel momento pertencían ao Partido Popular, solicitaban un transporte deste tipo e, curiosamente, Julia Loureiro, hoxe encargada da Concellaría de Transportes, dedicouse a recoller sinaturas para esixir ao goberno a posta en marcha deste servizo e hoxe en Comisión Informativa anunciou que o servizo se suspendía, que eran demasiadas viaxes e que o Concello non podía asumir o custo do mesmo”
 
Os socialistas esixen que se manteña este servizo e que se fagan as xestións correspondentes para que continúe en vixenza. Tamén solicitan que se asine o convenio que enviara o anterior goberno da Xunta no cal tamén se contemplaba unha nova liña para Cela e Pereiras e se ampliaba o percorrido do Vitrasa a Pardellas-Cela.

Advertisements

0 Responses to “O PSdeG-PSOE de Mos critica que o goberno suspenda un servizo de transporte que comunicaba algunhas parroquias co Centro Médico”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: