A porriñesa Carolina Diz asume a xerencia da Axencia Humanitaria de Galicia, dependente da Xunta

A porriñesa Carolina Diz Otero asumiu a xerencia da Axencia Humanitaria de Galicia, unha entidade galega de resposta ás urxencias e apoio ante crises humanitarias que depende da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta. Diz Otero, natural de O Porriño (Pontevedra), é licenciada en Dereito e Ciencias Políticas e da Administración, ademais de cursar un máster en Estudos Latinoamericanos e outros en Cooperación Internacional e Voluntariado. Dentro da súa traxectoria profesional, desde o ano 2000 participou en diferentes tarefas de cooperación en Bolivia e El Salvador, traballando ata o momento como delegada da Fundación de Axuda contra a Drogadicción deste último país.

A Fundación Axencia Humanitaria de Galicia desenvolve un Plan de actuación 2009 concibido sobre o reforzo do campo das urxencias, apostando pola presenza de Galicia en resposta a todas as alarmas que acontezan este ano, en coordinación cos operativos da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e coa distinta ONG. Así mesmo, pretende afondar no apoio humanitario, traballando dacordo coas liñas definidas como preferentes polo Plan Director da Cooperación Galega 2006-2009.

Neste sentido, a Axencia realizou actuacións de apoio no campo da acción humanitaria e da axuda ás urxencias en lugares como Cuba, Guatemala, China, Haití, Mozambique e os territorios saharauís, entre outros.

Advertisements

6 Responses to “A porriñesa Carolina Diz asume a xerencia da Axencia Humanitaria de Galicia, dependente da Xunta”


  1. 1 Javi 9 Setembro 2009 ás 08:54

    Parabéns Carola!
    Deséxoche toda a sorte do mundo no teu novo cargo

  2. 2 el davis 9 Setembro 2009 ás 09:31

    Noraboa Carola, sen dúbida mereces este cargo e todos os que te veñan. Para que logo se diga que o traballo duro non acerca recompensas. Sorte e a facelo tan ben como ti sabes!

  3. 3 Lisi 9 Setembro 2009 ás 10:06

    Caroliñaaaaaaaa, eres a mellor! Felicidades e moita sorte!

  4. 4 buji 9 Setembro 2009 ás 12:26

    Asi se hace niña…apa, a dar caña

  5. 5 anita 9 Setembro 2009 ás 14:07

    Parabens!!! Mais que merecido o tes!!!!! NOn fai falta desexarte sorte porque tes todas as ferramentas necesarias para non ter que necesitala. Saúde

    • 6 Andre 24 Setembro 2009 ás 07:06

      Se hay alguén que currouno e meréceo eres ti Caro, moitísimas felicidades e moita sorte no novo cargo!!!
      Agora toca currar duro, como ti sabes.
      Un bikiño!!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: