O curso escolar no colexio Castro Mos empezará o vindeiro día 17 para os alumnos de primaria

castromosperezares2

A concelleira de Educación, Julia Loureiro, anuncia o retraso do inicio do curso escolar dos alumnos de educación primaria do novo colexio de Castro Mos. A apertura do centro retrasarase catro días lectivos por mor de trámites burocráticos pendentes da administración autonómica.

Deste xeito, o CEIP Castro Mos abrirá as súas portas o vindeiro 17 de setembro, día no que empezarán as clases para os estudiantes de primaria matriculados neste colexio.

Ademais Loureiro, edil responsable de Educación, aclara que os motivos polos cales empezan máis tarde as clases de primaria son meramente protocolarios, xa que o centro leva semanas totalmente rematado e coas certificacións de seguridade pertinentes, emitidas pola consellería o pasado día 21 de agosto durante a visita que o Delegado Territorial de Educación, César Augusto Pérez Ares, fixo ó novo centro educativo acompañado de varios técnicos da Xunta de Galicia.

Julia Loureiro informou tamén esta mañá de que “o pasado venres, día 4 de setembro, Pérez Ares e dous técnicos da consellería de Educación reuníronse conmigo mesma e coa alcaldesa, Nidia Arévalo, no salón de sesións do Concello para darnos a noticia da demora do inicio das clases de primaria no centro de Castro Mos; acto seguido e sen demora convocamos e recibimos -os cinco: alcaldesa, Delegado Territorial, técnicos e máis eu- ós membros da ANPA, da dirección do colexio e pais de alumnos que quixeron achegarse ata a Casa Consistorial, ós que lles comunicamos de contado o retraso no comezo dos cursos de primaria”. Asimesmo, pola súa banda, a dirección do CEIP Castro Mos emitiu en días sucesivos unha circular informativa que chegou a tódolos pais de alumnos matriculados neste centro, explicándolles que as clases empezarán o día 17 do presente mes para os rapaces de primaria.

Advertisements

18 Responses to “O curso escolar no colexio Castro Mos empezará o vindeiro día 17 para os alumnos de primaria”


  1. 1 diogo 9 Setembro 2009 ás 06:32

    O destes trásnfugas é penoso. Marchan de vacacións e deixan a medias os tramites para abrir un colexio público. Se chega a ser para dar licenza ao colexio ca-Lar quedaban todas eles sen ir as Canarias este ano

  2. 2 Sanguinhedense 9 Setembro 2009 ás 07:16

    Manda caralho Diogo!! O BiPartido (em dúas partes, é dicir, Chus vs Olhea) permitiu o inicio das obras sen licenza, a construcción sen licenza, e casi que o remate do colexio, pois en decembro/2008 faltaba apenas pintar. Para o pavillón de Atín, “idem de lienzo”. Tí sabes ben, igual que todo o mundo, que as licenzas de obra son previas ó inicio das mesmas….Não deixes de ser fiel a verdade pois corres o risco de parecerte cada día mais ó Mr. O Yeah. Cumprimentos.

  3. 3 diogo 9 Setembro 2009 ás 09:47

    Manda caralho na Havana Sanguinhedense!! Na noticia nom falam nada das licenzas municipais, suponho que porque nom tenhem nada que ver no asunto, se nom a Lidia diría algo, que em botar-lhe a culpa aos demáis é umha experta

  4. 4 ZURDAZO 9 Setembro 2009 ás 11:30

    Sanguinhedense todo o que queiras pero AS COUSIÑAS CLARAS, uns pasan o traballo e outros dedícanse a labores burocráticas e a inaugurar.
    O colexio xa estaba feito antes da moción de censura. Ademais para negociacións burocráticas as do ex-Partido Popular de Mos, manda carallo como negociaron co Xerardo.
    Si apropiarse das cousas dos demais e roubar, o goberno tránsfuga de Mos está formado por ladróns por partida doble; Roubaron os votos do PSOE e agora rouban o protagonismo daqueles que tanto esforzo fixeron por facer cousas para Mos (PSOE – BNG).

    Agora van inaugurar o colexio de Castro, despois o pavillón de Atín, despois a humanización de Sanguiñeda, despois a auga en San Rafael, despois a rúa do Castro en Mos, despois o polígono industrial das Baloutas, etc, etc, etc, etc,,,,,,,,,,,,,,,,,,

    ESAS. ¿NON SON OBRAS DO GOBERNO PSOE-BNG?

    ELES BEN SABIAN QUE SI TARDAN ALGO MAIS EN COMPRAR A XERARDO, NON CHEGABAN A ALCALDÍA NIN. E DA MESMA MANEIRA, OS VECIÑOS DE MOS NON COMULGAN CON PEDRAS DE MUIÑO, SENON, TEMPO AO TEMPO.

  5. 5 ZURDAZO 9 Setembro 2009 ás 11:40

    Outra cousa, a ver si alguén me axuda:

    ¿Canto pode gastar a “separada” en traxes cada mes?

    Pero ¿Canto cobra? (por alcaldesa). ¿Revenderá os traxes?

    Cada traxe debe andar nos 400 euros ¿Non?

  6. 6 diogo 9 Setembro 2009 ás 12:46

    Zurdazo, refires-te aos traxes eses tipo Micky Mouse?
    Pois si, sobre 400 ouros cada um

  7. 7 Andres Do Barro 9 Setembro 2009 ás 17:38

    Dios nos libre de los resentidos…

    Son como una plaga que se manifiesta en todas partes, poniendo en peligro la convivencia, la justicia, la equidad y cuantos valores similares se le pongan por delante, pués el resentimiento nubla la estabilidad mental de quién lo padece, apaga cualquier atisbo de culpabilidad y propicia el rencor, la animosidad, la animadversión y el odio, sin dejar el menor margen a la simpatía o la comprensión…
    Y ese fenómeno, que no es nuevo, se recrudece cuando el antagonismo se instala en la vida pública, anulando cualquier posibilidad de comprensión o diálogo, de tolerancia, hacia quienes son considerados enemigos y, por tanto, condenados a su erradicación del entorno inmediato.
    Porque resentido es todo aquel que es incapaz de admitir la mínima virtud en las personas a las que hace objeto de su enfermiza obsesión, como lo es igualmente el que, aprovechando cualquier medio o circunstancia, trata de trasladar su rechazo a otras instancias para que quién es el objetivo de su persecución mental se vea sometido a todo tipo de ataques, persecuciones y castigos que conduzcan a su marginación absoluta en nuestra sociedad…
    Resentido es quién incapaz de aceptar la mínima bondad en el destinatario de su personal inquina, trata como sea de desprestigiarle, machacarle, apartarle, hundirle y si de paso saca algo de provecho en ello, mejor que mejor.
    Resentido, en la vida social y en la política, es todo aquel incapaz de aceptar nada bueno que pueda venir de quien es motivo de su persecución, ya que la máxima que guía su comportamiento no es otra que la que se resume en ese célebre dicho popular de “al enemigo, ni agua…”
    Resentidos, triste secuela de la España más negra que en lugar de extinguirse con el paso del tiempo vuelve a florecer con más fuerza si cabe cada vez que alguno de ellos logra alcanzar el poder, en cualquiera de sus manifestaciones, o tiene la oportunidad de medorear cerca del mismo tratando de influirle…
    Dios nos libre de esta plaga.

  8. 8 diogo 10 Setembro 2009 ás 06:24

    Para Andres do Barro,
    Que problema tes ti com Antom Reixa?
    Fai um sol de caralho

  9. 10 arastro 11 Setembro 2009 ás 08:09

    creo que o de resentido vai por diogo

  10. 11 diogo 11 Setembro 2009 ás 08:13

    Hoje 11 de setembro no Atlantico Diario informam que muitos pais e nais protestam pola falta de infotmaçom com respeito ao inicio do curso em esse colégio. O estranho é que no Faro nom digam nada

  11. 12 diogo 11 Setembro 2009 ás 08:25

    Para arastro
    Resentido nom estou, mas si enfadado. Este ano tive que pagar os livros do colégio que o ano passado eram de balde, ademais de por todo o que di zurdazo no seu primeiro comentario

  12. 13 diogo 11 Setembro 2009 ás 10:17

    E na Coz de Galicia os pais e nais aseguram que forom avissando casa por casa do retraso do incio do curso para o dia 17 e resulta que agora a Conselheria di que para o 14. Os da Xunta do PP estam mais preocupados por facer desaparecer o galego das aulas que polas proprias aulas. Así nos vai. Lidia, estás a cubrir-te de gloria… ai nom que a Lidia xa nom é do PP

  13. 14 Andrés do Barro 11 Setembro 2009 ás 12:24

    Perdón, pensei que esto era un foro de música. De todas formas, aproveito para recomendar de Os Resentidos o seu disco máis aclamado pola crítica, Jei (GASA, 1990), foi elexido pola revista musical Rockdelux como mellor disco nacional do ano.

  14. 15 ZURDAZO 11 Setembro 2009 ás 12:32

    Todo o que queirades, pero ninguén desminte o que eu digo.

    Ben por Diogo, o resto que diga o que queira, pero en cordialidale.

    Seguro que non me entenden “algúns”.

    Oes: ¿e o bar de Sanguiñeda do xenro do pintor?, ¿e a nave da Temes?, ¿e o asunto do Mañas?.

  15. 16 arastro 13 Setembro 2009 ás 20:48

    diogo a ti polo que se ve o que che importa e o portugues jjj

  16. 17 diogo 14 Setembro 2009 ás 06:25

    para aratro
    mais bem o brasileiro, je, je. Como sabe voçé, imprescindivel para comunicar-se com as garotas de aquele grande país.

  17. 18 culebra 14 Setembro 2009 ás 16:22

    barro ten coidado dous comentarios exa escribes en galego ,seguro kestas pensando sair do armario ..animo canpion


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: