Deu comezo Momentos Verdes, o conxunto de actividades de carácter medioambiental

trotaaugas

:: Momentos Verdes iniciouse co xogo infantil O trotaaugas viaxa cara ás Gándaras de Budiño ::

Momentos Verdes deu comezo co xogo infantil O trotaaugas viaxa cara ás Gándaras de Budiño, actividade celebrada nas rúas peonís da vila, destinada a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, que consistíu na superación de diferentes probas e adiviñas deseñadas para que as nenas e nenos aprendan máis sobre o medio natural.

As nenas e nenos participantes recibiron un exemplar de O trotaaugas viaxa cara ás Gándaras de Budiño, conto infantil
editado polo concello porriñés sobre o sapoconcho, a tartaruga de auga doce que habita nas Gándaras de Budiño.
Co gallo da celebración das Festas do Cristo 09, o Concello do Porriño progama diferentes actividades de carácter mediambiental organizadas pola concellaría de Medio Ambiente baixo a denominación de Momentos Verdes. Estas actividades precisan de inscrición previa, que se debe formalizar na concellaría de Medio Ambiente, na Casa do
Concello, ou ben chamando para o 986 335 000.

Advertisements

0 Responses to “Deu comezo Momentos Verdes, o conxunto de actividades de carácter medioambiental”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: