O BNG de Mos valora positivamente o adecentamento do entorno do Concello pero esixe compromisos

O grupo municipal do BNG de Mos pide ao Concello “compromisos concretos e non falacias no asunto da mellora do entorno da actual casa consistorial”. Segundo sinalan, o BNG valora que se realice esta obra porque se basa nun proxecto encargado por concelleiros do BNG cando estaba no goberno, e que sumaba a cantidade de 490.000 euros o arranxo do entorno.

“A primeira actuación contemplaba o arranxo dun muro de contención que xa fora comprometido ante o bispado polo alcalde Ramón Alonso, do PP, e que nunca se fixera. O arranxo deste muro costaba 60.000 euros que estaban xa no orzamento e que os gobernos posteriores gastaron. Naquel intre, xentes do PP de Petelos criticaron esta actuación por parecerlle cara. Agora, neste momento, a actuación do concello pretende ampliar a mellora á antiga casa do párroco de Petelos, bastante deteriorada,sumando 740.000 euros ó custe anterior”, expresan os nacionalistas mosenses a través dun comunicado.

De todos xeitos, o BNG non está de acordo nos trámites do goberno local que quere unha vez máis empezar a caso polo tellado e “fala xa dun centro de día, cando nin siquera ten o proxecto de rehabilitación da casa rematado e cando nin siquera ten comprometido nin un só euro por parte da actual Xunta de Galiza que parece non estar disposta a investir un só euro en Mos”, apuntan os nacionalistas.

Por esta razón, o BNG non votou a favor deste proxecto “por non estar nada concretado e pretender enganar ós veciños con anuncios de inversións que non se saben cando se van realizar. Si a Xunta quere facer un centro de día xa o podía ter feito sin necesidade de contar coa casa do cura de Petelos”. O BNG aplaude que o PP cambiara de postura, porque anteriormente consideraba esta actuación un gasto necesario.

Advertisements

1 Response to “O BNG de Mos valora positivamente o adecentamento do entorno do Concello pero esixe compromisos”


  1. 1 culebra 10 Setembro 2009 ás 14:58

    okese pretendia era aranxar o parkin eo muro por 55000euros non aranxar acasa do cura ,e nidia di kenon ai cartos conla iglesia emos topao i el bloke ke e


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: