O Grupo Socialista porriñés pide un Pleno Extraordinario urxente para tratar o peche do Colexio Infantil de Chenlo

cofeivan

Os concelleiros do grupo municipal socialista anunciaron a inmediata solicitude dun Pleno Extraordinario Urxente, xunto co grupo de Independentes do Porriño, para tratar a decisión da Xunta de pechar o Centro de Educación Infantil de Chenlo, algo que os socialistas non comparten por contribuir á merma de cercanía e calidade educativa porriñesa. Os socialista argumentan que os veciños de Chenlo perden un servicio educativo e os nenos e nenas de Chenlo, perden a posibilidade de comezar a súa socialización cerca do seu médio vital.

Chenlo, contrariamente ó que pasa nalgunha outra parroquia, é unha entidade que medra a súa poboación, e pólo tanto, o crecemento poboacional pode facer necesario a corto prazo, o mantemento do Colexio de Chenlo. Na actualidade, se esa medida se pon en marcha, os nenos de Chenlo terán que ir ó CEI de Mosende, que é o máis cercano. Como opción B, afirmou o Voceiro Municipal socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, os socialistas solicitarán que o centro poida ser a sede de unha Gardería Infantil que de servizo ás parroquias de Mosende, Chenlo e Pontellas.

Necesarias obras na Gardería Municipal do Porriño e retraso na reforma do Centro de Saude

Pola súa parte, a Concelleira socialista Maria Josefa Sío, informou que ante a preocupación dos familiares dos nenos da Gardería, o seu grupo ven de rexistar unha moción no Concello para ser tratada nese pleno extraordinario onde se insta á Xunta de Galicia a habilitar as partidas presupuestarias necesarias para facer fronte ás obras que necesita a Gardería como entre outras, a reforma da cuberta ou do chan da mesma.

“Descoñecemos as intencións da Xunta con respecto á Gardería do Porriño, a única que temos en servicio, pero non se pode retrasar o seu arranxo baixo a escusa da falta de fondos e o primiero que fai o  PP e gastar os cartos nun novo Cartelón coa “Galiña Azul”, algo que a concelleira tildou de inaceptable. “ Ademáis, os socialistas solicitarán por escrito que o Concello realice as labores de mantemento necesarias para ter o centro en mellores condicións.

Por outro lado, a concelleira Maria Josefa Sío, informou que o PSOE presentará nese pleno, unha moción para que a Corporación inste á Xunta de Galicia á realización urxente das obras de reforma do Centro de Saude, aprobadas polo goberno anterior e agora paralizadas. “Non podemos, afirmou Sío, paralizar nin un minuto máis as obras do Centro de Saude de Porriño”

Advertisements

0 Responses to “O Grupo Socialista porriñés pide un Pleno Extraordinario urxente para tratar o peche do Colexio Infantil de Chenlo”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: