Comezan as Xornadas Multiaventura do Concello de Mos

multiaventura3

O programa de lecer para a mocidade mosense presentouse contando coa presencia da alcaldesa e da concelleira de Participación Cidadá Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, e Julia Loureiro, concelleira de Participación Cidadá mosense, acudiron  á presentación das Xornadas Multiaventura que empezan hoxe e rematarán o vindeiro sábado, 12 de setembro.

Edil e alcaldesa animaron a tódolos mozos e mozas da localidade participantes neste programa a que disfruten e aprendan ó máximo durante estes derradeiros días antes do comezo das clases. Durante a presentación desta mañá no Multiusos os monitores das Xornadas proxectaron fotografías e un vídeo sobre a excursión dunha fin de semana na portuguesa Botica do Lazer realizada tamén por rapaces e rapazas mosenses o pasado mes de xullo. Julia Loureiro destacou que “os vinte rapaces que van participar nas Xornadas Multiaventura adicarán toda a mañá deste sábado a aprender equitación e a mañá do luns 7 de setembro a aprender a facer surf na praia de Patos, ademais haberá dous días nos que se introduzan de cheo nas culturas urbanas pintando graffitis e bailando Break Dance; e o xoves e o venres da semana que ven viaxarán á Botica do Lazer en Portugal”.

Durante as xornadas de hoxe e mañán os mozos e mozas participantes poderán practicar natación na piscina municipal e realizar diferentes xogos, entre outras actividades. Nacemento da iniciativa A concellería de Participación Cidadá de Mos que dirixe a edil Julia Loureiro decidiu organizar novas actividades de lecer para a mocidade do Concello despois da boa acollida que tivo como experiencia piloto o programa de ocio nocturno Noites Vivas. Así, deseñaron dez días de xornadas de ocio didácticas, deportivas e multiaventura que se realizan a partir de hoxe.

O Obxectivo xeral do programa Xornadas Multiaventura é, segun explicou hoxe a edil Julia Loureiro, “ofertar á mocidade de Mos unha alternativa de lecer saudable, enriquecedora, atractiva e divertida”. Ademais existen uns obxectivos específicos consistentes en impulsar novas iniciativas atractivas e accesibles para a xuventude de Mos, ampliar a oferta de lecer neste tramo de idade, motivar á xuventude nun mellor uso do seu tempo de ocio, promover un estilo de vida saudable, potenciar a resolución de conflictos a través da non violencia, fomentar a socialización e a participación da mocidade, favorecer a desinhibición e o desenvolvemento persoal e, sobre todo, proporcionar unhas xornadas divertidas, diferentes e inesquecibles para os participantes antes de regresar ós seus estudios.

Advertisements

2 Responses to “Comezan as Xornadas Multiaventura do Concello de Mos”


  1. 1 diogo 7 Setembro 2009 ás 10:59

    Pois olhando para a foto… um exito de público nom foi

    • 2 Carlos Torralba 9 Setembro 2009 ás 16:16

      Vin a reportaxe que saiu hoxe na TVG e gustoume moito a idea ¡Mágoa que non se faga noutros concellos!
      Unha pasada o das clases de Break Dance cunha Campeona de España que ademáis é de Vigo, e ter a oportunidade de aprender graffiti.

      Estiven en A Botica do Lazer e gostei moitísimo do parque… o que dicía… ogallá se tomase exemplo noutros lados


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: