O Concello do Porriño edita o conto infantil ‘O trotaaugas viaxa cara ás Gándaras de Budiño’

conto_sapoconcho0013

:: As nenas e nenos que participen do xogo infantil que se vai celebrar o vindeiro luns día 7 de setembro ás 18:30 horas na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, dentro do programa das Festas do Cristo 09, recibirán un exemplar do conto como agasallo ::

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Miriam Martínez Troncoso, da publicación do conto infantil O trotaaugas viaxa cara ás Gándaras de Budiño, con textos de Víctor Manuel Román e debuxos de Elisardo Barcala.

O conto narra a viaxe dun sapoconcho a través do río Louro, na procura da lagoa de Orbenlle. Esta nova publicación da concellaría de Medio Ambiente, dirixida a un público infantil, pretende dar a coñecer ao sapoconcho, unha tartaruga de auga doce protexida e en perigo de extinción, que somentes se pode atopar nas Gándaras de Budiño.

A concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso, afirmou que “Desde a nosa concellaría levamos tempo apostando pola educación medioambiental das máis pequenas e pequenos. Coa lectura de O trotaaugas viaxa cara ás Gándaras de Budiño, pretendemos que o público infantil coñeza máis sobre o sapoconcho, e sobre o espazo natural protexido das Gándaras de Budiño e as Ribeiras do Louro, coa intención de que se convirtan nas e nos protagonistas futuros da súa conservación”

Xogo ingantil
Co gallo da celebración das Festas do Cristo 09, o Concello do Porriño progamou, dentro das actividades de carácter mediambiental organizadas pola concellaría de Medio Ambiente baixo a denominación de momentos verdes, un xogo infantil para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, coa intención de promocionar a obra.

Esta actividade, que vai consistir na superación de diferentes probas e adiviñas deseñadas para que as nenas e nenos aprendan máis sobre o medio natural, celebrarase o luns día 7 de setembro, ás 18:30 horas, na Praza do Arquitecto Antonio Palacios. As nenas e nenos participantes recibiran un exemplar de O trotaaugas viaxa cara ás Gándaras de Budiño como agasallo.

Advertisements

2 Responses to “O Concello do Porriño edita o conto infantil ‘O trotaaugas viaxa cara ás Gándaras de Budiño’”


  1. 1 Alvaro Santos 9 Outubro 2009 ás 23:21

    Como podo contactar con Víctor López

  2. 2 Alvaro Santos 9 Outubro 2009 ás 23:22

    como podo contactar con Víctor López?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: