A piques de rematar a acometida do abastecemento en San Rafael en Mos

sanrafaelmos

:: Trátase dunha obra que supera os 200.000 euros de orzamento e que beneficiará a 500 persoas ::

 A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo Gómez, visitou  as obras de acometida da traída de auga potable no barrio de San Rafael, un proxecto no que se investirán un total de 234.563,22 euros.

 A rexedora local desprazouse ata alí acompañada do concelleiro de Saneamento e Abastecemento, Ángel Pereira Carrera, e dunha técnico municipal do departamento de Urbanismo para comprobar que todo se atopaba en perfectas condicións a poucos días do remate destes traballos na zona.

 Esta obra, que pertence ó Plan Estatal, iniciouse o pasado 3 de xullo e nela levan traballando máis de 20 obreiros durante dous meses para, segundo explicou hoxe a alcaldesa mosense, “dar resposta ó servizo de abastecemento de auga no barrio de San Rafael, un barrio no que había licencias de construcción paralizadas dende o 2007 precisamente por ese motivo: a inexistencia dunha rede pública de abastecemento; problema que agora quedará solucionado”, declarou Arévalo durante a súa visita matinal. E é que as obras están xa a piques de rematar e gracias a estes traballos todo San Rafael disporá de traída de auga, uns 500 veciños son os que resultarán beneficiados por esta obra.

 Ademais a alcaldesa destacou que “estamos a aproveitar estas obras para solucionar o problema de presión preexistente na primeira fase da rede de abastecemento que xa estaba instalada no barrio de San Rafael, xa que moitos dos veciños desta zona non podían facer uso do servizo da traída de auga por mor de dito problema de bombeo”.

 Asimesmo, Nidia Arévalo pediulles desculpas ós veciños esta mañá polas incomodidades derivadas das obras, tales coma polvo nas rúas, que implican maior suxedade tanto no exterior coma no interior das casas. Desculpas que lles quere trasladar tamén a todos os habitantes da zona de San Rafael que non estiveran presentes na visita.

Advertisements

1 Response to “A piques de rematar a acometida do abastecemento en San Rafael en Mos”


  1. 1 diogo 2 Setembro 2009 ás 11:11

    Titular alternativo:
    Micky Mouse visita umhas obras em Mos


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: