Miguel Costas e Milladoiro actuarán nas Festas do Cristo 2009

festas_cristo_090001

:: O pregón correrá a cargo do equipo de balonmán xuvenil feminino do Porriño. A apertura da Festa dos Callos a levará a cabo o porriñés Cuquín ::

 

 :: Toda a programación das Festas do Cristo 2009 poderase consultar na web www.oporrino.com ::

 O concelleiro de Festexos do Concello do Porriño, Marcos Rodríguez Novás, e a concelleira de Mocidade e Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso, presentaron esta mañán a programación para as Festa do Cristo deste ano. Durante todo este mes de setembro e principios de outubro sucederanse actividades para diferentes gustos e idades que van dende concertos, animación de rúa e teatro ata obradoiros medioambientais e eventos deportivos. As festas, que contan cun orzamento aproximado de 130.000 euros, terán como pregoeiras ao equipo de balonmán xuvenil feminino do Porriño, subcampeón Estatal da Tempada 2008-2009.

 Os concertos.

O ex-Siniestro Total Miguel Costas ofrecerá un concerto na Praza do Concello o vindeiro día 18 de setembro compartindo escenario con Tony Lomba e Eladio dos Santos. Tamén algúns dos grupos que máis están soando dentro do panorama da música pop-rock galega ofrecerán os seus concertos. Nadadora e Niño y Pistola estarán acompañados no escenario de grupos porriñeses: Dagade2puntas e Baldosa Amarilla respectivamente.

Para o X Festival Intercontracultura, onde o graffiti e o hiphop teñen o protagonismo, a organización convidou a Delahoja. Slowlee, K.A.O.S e Karmasound e Grand´s.

 Cambiando de estilo o Concello do Porriño contratou ao emblemático grupo de folk galego Milladoiro como un dos pratos fortes das Festas. Ademais, os concertos das bandas de música, de música clásica e de jazz, completan a oferta musical do programa.

 Variedade

Tanto o concelleiro Marcos Rodríguez como a concelleira Miriam Martínez, destacaron a ampla variedade que ofrece o programa das festas deste ano. Como novidades, as veciñas e veciños do Porriño poderán participar en obradoiros de risoterapia, poderán facerse cun conto editado polo Concello sobre as Gándaras de Budiño ou disfrutar coa mostra floclórica de todos os centros parroquiais do municipio. Tamén, en colaboración coa Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), celebrarase por primeira vez polas rúas do centro unha Feira de Stocks.

 En canto ás actividades deportivas destacan, entre outras, o partido de fútbol que disputarán o Porriño Industrial C.F. E o Celta de Vigo, o Dirt Track, a final da Copa de Galicia de baloncesto ou o II Torneo de pincha, puntuable para a Liga Nacional de Billarda.

 As Festas do Cristo 2009 rematarán como cada ano coa festa gastronómica dos Callos, cuxo pregoeiro será o porriñés Cuquín.

 Tanto Marcos Rodríguez como Miriam Martínez, animaron ás veciñas e veciñas “a participar das Festas e a que saian á rúa durante estes días”.

Advertisements

0 Responses to “Miguel Costas e Milladoiro actuarán nas Festas do Cristo 2009”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: