O pleno mosense aproba a cesión do Bispado ao Concello da antiga casa do cura de Petelos para convertila nun centro de día para maiores

plenomosagosto

O pleno da Corporación Municipal mosense aprobou onte por maioría, durante a sesión ordinaria do mes de agosto, a proposta de constitución de dereito de superficie entre o Bispado de Tui-Vigo e o Concello de Mos, pola que a primeira entidade accede a ceder á administración local a antiga casa do cura en Petelos, xunto cunha finca colindante de 1.500 metros cadrados e o terreo do aparcadoiro desta mesma zona.

 Esta cesión permitirá ó Concello arranxar o mencionado edificio, que agora se atopa en condicións ruinosas e a piques do derrubamento, para que pase a funcionar coma centro de día para maiores; á súa vez, acondicionarase tamén o espazo que xa está a ser empregado coma aparcadoiro da Casa Consistorial co fin de mellorar a súa funcionalidade como tal. A inversión prevista para ambos proxectos ascende a un total de 1.526.251,53 euros, da cal ó centro de día corresponderanlle 1.035.300 euros e no aparcadoiro investiranse 490.951,53 euros.

 A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, informou durante a sesión plenaria de onte pola tarde de que “mediante o convenio a asinar coa Diócese Tui-Vigo, esta cederalle ó Concello a antiga Casa Reitoral de Petelos e o aparcadoiro durante 25 anos que serán prorrogables a outros 25”. Arévalo amosouse satisfeita coa aprobación deste punto da orde do día xa que a considera “algo moi positivo tanto para Petelos coma para o municipio de Mos en xeral”. “E é que esta casa, que é unha auténtica xoia patrimonial, está a piques de derrubarse”, argumentou a rexedora local, e aclarou tamén que “mentres o Concello teña en vigor a cesión por parte do Bispado, ten a titularidade destas propiedades”. “Esta é unha solución eficaz e eficiente para varios problemas”, continuou declarando Arévalo durante a súa intervención, “xa que nela conflúen dous intereses que terán resposta: por unha banda os veciños de Petelos verán cumplida a súa petición dende fai anos de que se restaure a casa do cura, un edificio de gran importancia histórica municipal, e, por outro lado, Mos precisa un centro de día para maiores que sexa público”.

 Neste sentido a edil de Patrimonio e Benestar Social, Ana Rodríguez, declarou que “é moi necesario un centro de día no noso municipio debido ó elevado número de persoas dependentes que habitan nel”. “Incluso dende a concellería de Benestar Social que eu dirixo vémonos obrigados a derivar a algunhas destas persoas a centros de localidades veciñas ante a inexistencia dun centro público municipal”, explicaba Rodríguez Cabaleiro sobre este tema, ó tempo que insistía na importancia dos centros de día para maiores “que lles permiten ás familias dos dependentes poder compaxinar a vida laboral co seu coidado”.

 Asimesmo, a concelleira gabou tamén a idea de instalar un centro de día público nas dependencias da antiga Reitoral de Petelos “xa que o Concello de Mos posúe moi poucos terreos en propiedade e é unha boa alternativa que outras entidades llos cedan mediante convenio, ademais de que así se cumplirá por fin o desexo dos veciños de Petelos, e de tódolos mosenses, de que se reconstrúa este conxunto histórico patrimonial que se está caendo”, dixo a edil.

Advertisements

1 Response to “O pleno mosense aproba a cesión do Bispado ao Concello da antiga casa do cura de Petelos para convertila nun centro de día para maiores”


  1. 1 diogo 31 Agosto 2009 ás 12:24

    Información moi abondosa mais nom din cuanto vale essa cesión


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: