O Concello de Mos destina 53.000 euros ao servizo de transporte adaptado para Asodifisi

asodifisi2

:: A presidenta da asociación e a Alcaldesa mosense asinaron un convenio de colaboración neste sentido ::

 A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta da Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, María Carrera, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre Concello e Asodifisi para a prestación a esta última do servizo de transporte adaptado para persoas con dificultades de mobilidade.

 Mediante a sinatura deste convenio, que terá vixencia durante todo o ano 2009, o Concello de Mos conprométese a aboarlle a Asodifisi a cantidade de 53.000 euros para a realización do citado servizo de transporte.

 O convenio asinado ven a unirse a unha serie de medidas adoitadas dende o pasado mes de xuño por diversas institucións públicas coma a consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello para garantir a supervivencia da asociación, a piques de extinguirse naquelas datas por falla de liquidez. Entre ditas medidas atópase unha subvención municipal por valor de 7.000 euros que o Concello de Mos aprobou en xullo e que lle foi pagada a Asodifisi nese mesmo mes.

 Asimesmo, a edil de Benestar Social do Concello de Mos, Ana Rodríguez, adiantou esta mañá públicamente á saída da reunión na que se procedeu á sinatura do convenio, que “en setembro reunirémonos con Susana López Abella, Secretaria Xeral de Familia e Benestar, para buscarlles unha solución definitiva ós problemas económicos que presenta Asodifisi”.

Advertisements

0 Responses to “O Concello de Mos destina 53.000 euros ao servizo de transporte adaptado para Asodifisi”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: