ENTREVISTA. Gonzálo Ordóñez: “Independientes tan só daría a Alcaldía ao PP”

 Gonzalo Ordoñez_entre

Gonzalo Ordóñez é un animal político, como diria Aristóteles, e sen embargo aínda non acadou a posición política que arela dende anos ha. Na entrevista que ofrecemos mostrouse coma sempre amable, disposto a respostar todo tipo de preguntas e extremadamente afable. Metido en fariña non deixa nada atrás; diríamos que non lle preocupa demasiado gardar a roupa cando se tira á piscina política. Ofrcemos o mais granado da entrevista que vimos de facerlle no seu despacho do Porriño.

 Guillermo Rodríguez/ Foto: Antón Fernández

-O Sr. Carrera fixo unhas declaracións en A Peneira da Louriña nas que dicía que había conversas cos Independentes para integrarse no PP, confirma ou desminte?
-Efectivamente;  temos algunhas conversas dende fai xa algún tempo pero creo que nestes momentos o prioritario era conseguir un goberno forte para O Porriño con independencia de integracións. O que si hai que facer é plasmar no concello do Porriño o que é a vontade popular e non simplemente andar con cuestións destas, que son máis do ámbito doméstico dos partidos.

-Entón, hai nestes momentos algunha preparación ou preliminares para unha posible moción de censura?
-Preliminares hai dende o mesmo momento que se constitúe un goberno que está en minoría, que se constitúe un goberno alterando a vontade popular por un grupo político, que se nega a levar ao poder aquela que foi a opción maioritaria do pobo de Porriño, por intereses particulares ou persoais dun señor. Evidentemente,  unha situación como a que está non é unha situación  ilexítima, porque evidentemente o BNG está gobernando porque a lei o ampara pero dalgún xeito cercenando a vontade popular. Dende o mesmo momento que se dá esa circunstancia, dende o mesmo momento que se produce esa investidura ata as seguintes eleccións case poderíamos dicir que estamos nun período pre-moción de censura.

-A postura “dese señor” que non deixou ir adiante a moción de censura , segue igual ou cambiou o comportamento?
-Eu ignoro calquera cambio; non sei se os demáis saben algo novo.Un señor que pide o voto para un gobeno de centro dereita e permite que goberne o BNG terá que dar contas  ao seu electorado.

-Hai rumores de negociacións entre Ordoñez e a Xunta para buscar unha saída á súa integración e tal vez voltar como candidato nas próximas municipais. Vostede que opina disto?
-A pregunta é moi complexa porque son moitas preguntas nunha. O problema do Porriño, o problema para a gobernabilidade do Porriño, para nada depende de Gonzalo Ordóñez. Nós  asumimos dende o primeiro momento cal era a cota de representación que nos deron os veciños e polo tanto en ningún momento reivindicamos máis representación que a que os veciños nos deron. Existe outro señor que primeiro dicia que tiña que ser a nº 3 do seu grupo a alcaldesa; cando lle aceptamos voltouse atrás e dice que ten que ser el. Nós consideramos que,  en democracia, o grupo máis votado é o que máis mérito ten.O PP, é quen debe  obter os réditos prioritarios; neste caso a Alcaldía do Porriño. Nós demostramos o noso compromiso votando ao Partido Popular. Alguen impediu que aquel goberno saira adiante;  tamén digo que se o Partido Popular renuncia a ese dereito que lle corresponde e nos fai outra proposta diferente, estudarémola,  pero neste momento a única proposta que temos é a que nós imos avalar, é dicir, que goberne o Partido Popular nesa opción de centrodereita.
Diante da dificultade de que iso saira adiante houbo intentos dende o PSOE de facer coalición co BNG, ou polo menos de buscar apoios para sacar a O Porriño da situación de parálise parcial na que se atopa.
O  BNG négase a manter outra alternativa que non sexa eles sós. Polo tanto, diante desta situación atípica do Porriño ou se busca unha solución xa ou teremos que esperar a que sexan as urnas quen falen.

-Estanos a indicar que os Independentes de Porriño estarían de acordo en apoiar ao BNG se estiveran co PSOE para facer un goberno maioritario?
-Nós reiteramos sempre o noso compromiso electoral para sacar adiante un goberno de centro dereita; se non é posible, en beneficio do pobo do Porriño, estudaríamos outras alternativas que posibilitaran unha maioría de goberno que dera estabilidade e sacara adiante unha serie de temas importantes que desta maneira non van sair. Así nos postulamos para outras alternativas; o BNG négase; non quere saber nada co PSOE; ainda máis, está vilipendiando a este partido na persoa do Sr. Vaqueiro, cousa que nos parece denigrante; un señor que na pasada lexislatura estivo gobernando co BNG. No últimos plenos  fixemos constar o noso desgrado por esta actitude do BNG.
Cremos que a situación actual non é a mellor para O Porriño; hai temas que non saen adiante por esa especia de dictadura do BNG que rexeita calquera proposta que se lle faga; incluso se nega a consensuar nada que se lle propoña. O Porriño recibiu tres millóns de euros do “Plan Zapatero” e o BNG non aceptaou ningunha suxerencia por parte dos demais grupos. Fixeron o que eles decidiron e punto. Penso que esta situación terá fin moi brevemente.
Se os grupos que estamos na oposición- lembro que somos 12 de 17- tivésemos a actitude de oposición e de obstrución que tivo o BNG estando na oposición, hoxe no Porriño sería practicamente imposible vivir. Unha actitude de obstrución total como mantivo o BNG nós non a temos, non só non a temos senón que estamos a colaborar practicamente todos os grupos en sacar adiante cuestións antepoñendo os intereses do municipio por diante de matices políticos. Pero, evidentemente, iso non quita que haxa unha actitude de arrogancia por parte do BNG, que haxa unha actitude de desprezar totalmente a colaboración dos demais grupos políticos. É un grupo de 5 concelleiros que, aínda sendo minoritario, quere demostrar que son quen de gobernar en solitario. Goberna en solitario porque hai quen, en base a uns compromisos que algún día terá que explicar,permite esta situación.
O BNG ten unha absoluta falla de capacidade de xestión ante as diversas administracións. Pérdense moitos proxectos porque non teñen esa capacidade para chegar absolutamente a ningún tipo de administración, e por outra parte, rexeitan calquera tipo de apoio dos demais grupos, salvo a votación que nós facemos ao que eles propoñen. É unha actitude que non comprendo e que creo que non é de recibo nun sistema democrático e nun pobo como O Porriño.

-Poderíamos pensar que Nelson Santos e o seu grupo está favorecendo máis ao BNG que unha alternativa de dereitas como antes apuntaba?
-Aos feitos remítome. Dise que o movemento amósase andando. Aquí houbo un momento de investidura no que houbo uns compromisos electorais, e se alguén vai casa por casa dicindo “votádeme a min que eu vou ser quen de posibilitar que o Partido Popular chegue ao poder” e resulta que con eses votos o que se permite é que goberne o BNG e impide que goberne a alternativa dos nove concelleiros que representan a vontade concreta da xente do Porriño, pois evidentemente, como dicía,aos feito me remito. Eu sabía perfectamente que cando o ano pasado o BNG propón a moción de confianza para a aprobación dos orzamentos, xa estaba negociado con este grupo, co apoio ben por activa ou por pasiva. Así se demostrou.

-Xa, saíndo un pouco da refrega política partidista, como ves a proxección do  Porriño cara ó futuro?
-No Porriño hai dúas vertentes: hai o que é O Porriño como pobo, coa forza que ten O Porriño, coa capacidade enorme que ten, pero que é necesario tamén canalizar dende o propio Concello. O pobo en si marca un ritmo moi por diante do que vai a política municipal e as posibilidades que dende o Concello se lle dá aos veciños. Eu vexo que aínda que se estea nesas conversas para acadar un goberno estable, senón se consegue, nas proximas eleccións haberá tres opción políticas claras: PP, PSOE e BNG. Os  grupos independentes  foron unicamente movementos coxunturais;  acabarán integrándose nestas plataformas políticas tradicionais. Se agora non hai acordo será o PP quen goberne na vindeira lexislatura se sabe acoller todo o panorama político de centro detreita que existe no Porrriño.

-Gonzalo Ordóñez cre que dentro de dous anos esa maioría de dereitas das pasadas eleccións manterase indemne? Cre que o goberno do BNG non foi quen de modificar ese panorama?
-As eleccións municipais son diferentes das eleccións autonómicas ou as xerais. O compoñente persoal nas eleccións municipais é moi importante, pero tamén pode ser importante de xeito positivo ou importante de xeito negativo. Eu penso que se o Partido Popular no Porriño é quen de levar nas súas candidaturas persoas que representan o sentir político ou ideolóxico deste segmento de centro, que é agora o Partido Popular, eu creo que o PP acadará a maioría absoluta; se non é así, daría sempre marxe a outras candidaturas alternativas que, evidentemente, ademais de restarlle votos, o que si farían é derivar votos cara a outras alternativas. Creo que nas próximas eleccións municipais esta situación vai a ter un cambio moi importante pero no xeito que digo, de non ser así o BNG seguirá gobernando; iso é o que eu considero, aínda que está soplando un vento a favor de Núñez Feijóo que se vai notar nas próximas municipais.

Advertisements

0 Responses to “ENTREVISTA. Gonzálo Ordóñez: “Independientes tan só daría a Alcaldía ao PP””



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: