O patrón de Mos celebra as súas festas

a roda

Chega o San Mamede e con el a ledicia de tódolos mosenses A programación da Festas de San Mamede 2009 na parroquia mosense de Torroso iniciouse xa a pasada semana. O San Mamede é o patrón do Concello de Mos e é por iso que o seu día, o 7 de agosto, é festivo local. Tódolos veciños e veciñas do municipio viven con moita intensidade estes días festivos que, xunto coas Festas da Rosa que teñen lugar durante o mes de xuño, son a celebración máis importante da localidade.

O sábado pasado, día 1 de agosto, realizouse xa, na honra de San Mamede, unha verbena que contou coas actuacións de A Roda e o grupo Fantasía. Ata o concelleiro de Deportes e Limpeza, Alberto Méndez Lago, residente e natural de Torroso e vogal da Comisión de Festas, animouse a subir ó esceario para amenizar a velada xunto cos músicos da agrupación A Roda. O programa previsto para os vindeiros días é o seguinte: o xoves 6 de agosto haberá unha gran sardiñada e tocarán as charangas NBA e Turres Band; o venres 7, día grande das festas, oficiarase unha Misa Solemne ás 12.30 horas seguida de procesión acompañada da Banda de Música Xuvenil de Torroso, a partir das 17,30 horas disputarase no Campo de Fútbol do Louro, en Cototorrón (Tameiga), un partido de solteiros contra casados e, xa pola noite, celebrarase unha gran verbena amenizada musicalmente polas orquestras Gran Parada e Charlestton; e o sábado, día 8 de agosto, haberá de novo Misa Solemne ás 12.30 horas tra-la que sairá a procesión, que esta vez irá acompañada polo grupo de gaitas e baile Ruada de Torroso, de seguido a Minibanda Xuvenil de Torroso dará un concerto e, pola noite, a verbena contará coas orquestras Fania Show e Abanico.

O edil Alberto Méndez informou de que “as festas contarán cun gran aparcadoiro” e declarou que “como concelleiro de Torroso e membro da Comisión de Festas de San Mamede, animo ós veciños de Mos a participar nas celebracións na honra do seu patrón coas que, como cada ano, nos atopamos enormemente ilusionados”.

Advertisements

1 Response to “O patrón de Mos celebra as súas festas”


  1. 1 un de Cela 9 Agosto 2009 ás 17:48

    e din que non hai cartos, pois e verdade, nas festas de torroso tivo que cantar o berto, e na festa da prehistoria, o jefe e gerardo, tiveron que actuar de trogloditas.isto e todo unha festa ante a crise, cacicada e festa.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: