O BNG de Mos di que o Concello ‘despilfarra’ os cartos en horas extras dos traballadores

O BNG de Mos quere denunciar públicamente “o despilfarro que se está facendo do diñeiro público, respecto ó reparto indiscriminado dos traballos do persoal municipa”l. Segundo din, nos últimos meses o Concello de Mos pagou 3.172 horas extraordinarias, delas 2769 normais, 230 nocturnas e 173 en festivos, supoñendo para o concello un desenbolso de máis de 63.000 euros.

O BNG critica ademasi que o reparto se faga según un criterio discriminatorio, pois non todos os traballadores e traballadoras teñen as mesmas posiblidades de realizar estos traballos. Os nacionalistas lamentan “este enorme gasto para as arcas municipais, sabendo que a este gasto hai que sumar maquinaria, mantenementos, roupas, materiais, etc, así como empresas particulares que traballan conxuntamente cos traballadores do concello sin que exista ningún seguemento ou control por parte dos concelleiros responsables”.

 “Queremos deixar claro que denunciará este tipo de actuacións irregulares ante a maxistratura de traballo, dada a inseguridade que crea para o persoal que realiza estos traballos”, sinalan. Asimesmo, o BNG entende que non é ético que nos tempos de crise en que estamos non se creen postos de traballo ou non se dean traballo a outras persoas en vez de cargas sempre ós mesmos traballadores e traballadoras con estos horarios continuados.

Advertisements

7 Responses to “O BNG de Mos di que o Concello ‘despilfarra’ os cartos en horas extras dos traballadores”


  1. 1 CAPITAN 7 Agosto 2009 ás 12:15

    Agora co novo alcalde, xa van a cambiar as cousas. “Dijo Mañas que menos horas y más gente”.
    O alcalde “en funcións” e o Mañas “ilustre apelido” e o Galiñanes, e o Louzán e a Nidia. ¿Estes elementos son os que van a xestionar o Consorcio “kiosko” de Empleo?

  2. 2 sarabia 7 Agosto 2009 ás 16:23

    E din que non hai diñeiro.dende que entrou a Nidia so fixo gastar e derrochar sen ton nin son. Gastou 40.000€nunha actuacion, fai festas por todos lados, foguete, prometelle subencións a todo mundo, parece que este concello so é de festa jolgorio. Menos mal que quedaran proxectadas xa as obras do plan Zaàtero senon gastaba eses cartos tamen en plantitas, festas e horas extras para os seus amiguiños.

  3. 3 Sanguinhedense 7 Agosto 2009 ás 18:41

    ¡Que raro que o Diogo ainda não dixera nada! Debe andar a passar as ferias lonxe e sen conexión.Nos tempos do BipartiTo sempre eran os mesmos a levar para casa pluses de productividade, e as horas extras tamen se pagaban…

  4. 4 diogo 8 Agosto 2009 ás 13:44

    De ferias si que estou, mas muito lonxe nom. Peregrinando a Sam Gerardo a ver se o tranfuga arranja o da crise e o paro.

  5. 5 liscran 8 Agosto 2009 ás 22:39

    a xente ten que vivir, os meus rapaces tamén, fan horas porque hai diñeiro, e porque os concelleiros non aparecen, pero ainda fan mais horas no fin de semana, porque hai que ir ás festas gastronomicas, eu apúntome a todas as cuchipandas, como o paso, e si me pode invitar algun traballador do concello a un viño ben pode facelo coas horas extras que cobran.

  6. 6 un de Cela 9 Agosto 2009 ás 17:41

    para o de sanguiñeda, os que mais traballan son os da policia local controlando a gerardo, que non roube nada,o horario de peche de bares, e que os da plataforma da autovia sigan caladiños, que a autovia faise igual.

  7. 7 jarijolo 11 Agosto 2009 ás 15:18

    Gástanse os cartos, e por riba mal, constrúen unhas chozas para a festa da prehistoria con forma de poboado celta. Non me parecería mal si se tratase dunha festa castreña ou celta, pero os hominidos vivían en covas.Co ben que se pasaba ir semanas antes a preparar os habitáculos. Hai moito iluminado…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: