O PSOE presenta ao goberno local un dossier de medidas para incentivar a sostenibilidade a nivel local

Iván Vaqueiro na sede

Vaqueiro, informou  que na reunión da comisión informativa de Economía e Facenda, fixo entrega á concelleira de medio ambiente e ao resto dos grupos da Corporación, dun dossier elaborado polo Grupo Socialista e dun CD onde se recollen as propostas do PSOE  para a posta en  marcha da Comisión Especial para a definición da Estrategia Local de Sostenibilidade aprobada polo pleno da Corporación o pasado mes de Maio.

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, informou que o PSOE de Porriño fixo chegar á Concelleira de Medio Ambiente, un dossier onde se recollen as propostas que o PSdeG-PSOE quere inmpulsar a través da Comisión Especial para a definición da Estratexia Local de Sostenibilidade do Porriño, creada logo de que a Corporación porriñesa aprobase unha moción do grupo socialista o pasado mes de maio, para a súa posta en marcha.

“Pretendemos traballar en positivo para incentivar  a labor medioambiental do goberno local, par ao cal presentamos este dossier de medidas de rápida aplicación que deben contribuir á posta en marcha dunha política coordinanda e integral de sostenibilidade, afirmou o voceiro socialista”

A creación dunha Axencia Local de Sostenibilidade, a implantación da ISO 14001 no Concello, a posta en marcha dunha Axenda Local 21, a definción dunha estratexia municipal de eficiencia energética, ou a elaboración dun plan de mobilidade para Porriño, son algunhas das medidas que os socialistas queren impulsar.

Segundo o PSOE, a concelleira de medio ambiente do Porriño, a nacionalista Miriam Martinez, pediu ó PSOE un listado de propostas para a posta en marcha da Comisión Especial aprobada pólo pleno, que é de obrigado cumprimento., algo que os socialistas esperan acontecerá nos vindeiros meses.

Para o Voceiro Socialista: “Porriño é un concello que pola súa grande actividade industrial debería ter unha forte política medioambiental propia, algo que debemos construir entre todos. Temos ejemplos de moitos concellos do noso tamaño e con meno capacidade económica que o Concello do Porriño e que son referentes medioambientais. Pensamos que se debe destinar máis orzamento ás políticas medioambientais porque se queremos mellorar o medio debemos ter compromisos medioambientais”

Para os socialistas, a implantación de sistemas de xestión medioambiental, como a ISO 14001 ou o Regulamento Europeo EMAS, son prácticas que moitas empresas e concellos teñen xa asumidos e que Porriño debe encarar con urgencia.

 

i

 

 

 
Como conclusión, o Voceiro Socialista afirmou que tende á man ó goberno local para aportarlle ideas e propostas en positivo, e pediu que non se demore a posta en marcha da Comisión Especial de Sostenibilidade.

0 Respostas to “O PSOE presenta ao goberno local un dossier de medidas para incentivar a sostenibilidade a nivel local”



  1. Deixar un comentario

Deixar un comentario