Javier Rodríguez parte para os Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros de Canadá

policia_deportes0015

O policia local Javier Rodríguez vai participar nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros que se van celebrar desde o día 31 de xullo até o 8 de agosto na cidade de Vancuver, en Canadá.

O policía local porriñés xa partipou nos tres anteriores mundiais celebrados en Cataluña, no Quebec e en Australia, acadando, nesta derradeira cita desputada na cidade de Adelaida, unha medalla de bronce. Javier Rodríguez participará en tódalas probas de ciclismo en estrada: contrareloxo, cronoescalada, velocidade e fondo en estrada. A súa participación iniciarase o día 3 e rematará o día 7 de Agosto.

No seu palmarés neste tipo de eventos, caben destacar, ademáis do bronce obtido no último mundial, un Campionato de Europa en 2006 e dous bronces no 2008, dous subcampionatos de España no 2005 e 2007, e dous bronces no 2008. Este ano ven de acadar o subcampionato de España contrareloxo en Figueres.

O axente porriñés ven preparando este campionato do mundo desde outubro do ano pasado, alternando adestramentos de bicicleta, natación e carreira a pé; si ben no pasado mes de Marzo, despois de sufrir un atropelo mentres adestraba no que fracturou o nariz e tivo múltiples lesións, tivo que intorremper a súa preparación durante un mes.

O policía local quixo agradecer o apoio recibido desde o Concelo do Porriño, así como o das súas empresas patrocinadoras, TOTEM, COVSA e COUCEIRO. Javier Roríguez tivo tamén palabras de agradecemento para os seus compañeiros da Policía Local do Porriño, “que ao longo da miña preparación a participación nas distintas competicións, facilítanme os cambios de servizo necesarios para que poida adestrar e posteriormente competir”, afirmou.

Advertisements

0 Responses to “Javier Rodríguez parte para os Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros de Canadá”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: