A Xunta de Galicia concede ao Porriño cinco cursos de informática

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Emprego, dirixida por Obdulia Diniz, de que a Xunta de Galicia ven de concederlle cinco cursos de informática dirixidos a persoas desempregadas dentro do Plan AFD (Accións formativas priotitariamente para desempregados e desempregadas).

Trátase dos cursos de técnico/a de software informático, informática de usuario/a, deseñador/a web multimedia, técnico/a auxiliar en deseño industrial e iniciación á rede internet. O investimento total que se vai adicar a estas accións formativas é de 257.769´42 €.

O proceso de selección celebrarase na primeira quincena de agosto, polo que todas as persoas desempregadas interesadas en realizar algún destes cursos que non estexan inscritas no Servizo Público de Emprego indicando as súas preferencias, débeno facer á maior brevidade de tempo posible.

Os cursos comezarán a finais do mes de agosto no Centro Multiusos de Torneiros. O curso de software informático ten unha duración de 375 horas, o de informática de usuario/a de 225 horas, o de deseñador/a web multimedia 375 horas, o de tácnico/a auxiliar en deseño industrial de 665 horas, e o de iniciación á rede internet de 85 horas. Todos os cursos inclúen, alén da formación específica, dous módulos transversais, un sobre técnicas de búsqueda de emprego e outro sobre formación para a igualdade.

Desde a concellaría de Emprego quérese animar ás persoas desempregadas a participar nestas accións formativas. “Completar estas accións formativas fai mellorar as posibilidades das persoas desempregadas á hora de atopar traballo”, afirmou a concelleira, Obdulia Diniz. As persoas que desexen máis información sobre estes cursos, así como as características e requisitos dos mesmos, poden dirixirse ás oficinas da concellería de Emprego, sitas no Centro Multiusos de Torneiros, ou ben chamar para o 986 338 217.

Advertisements

0 Responses to “A Xunta de Galicia concede ao Porriño cinco cursos de informática”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: